Se ha producido un error en este gadget.

martes, 3 de septiembre de 2013


Tolo non é o que perdeu a razón, senón o que o perdeu todo menos a razón??

E esa cita ten moito que ver coa columna de hoxe? É que o outro día andaba pola rúa e vin que había un home duns 60 anos que dicía unha frase a todo o mundo que pasaba preto de,l repetíaa moitas veces. E pódovos asegurar que a xente non replicaba, mirábano e levemente asentían coma se lle desen a razón? Era realmente curioso de ver?

A frase que dicía e repetía era: Pódelo facer mellor, e ti  sábelo, pódelo facer mellor.  Estas palabras eran repetidas a todas as persoas coas que se cruzaba e como vos contaba, pódovos asegurar que todas  afirmaban co rostro.

E é que creo que non hai dúbida que esa frase toca todos os corazóns e non hai ninguén que non estea de acordo. Sexa por un tema ou por outro, pero sempre o podemos facer mellor e sabémolo.

Parecía un tolo, pero cada vez que penso nesa frase, estou seguro que non o era e como di aquela cita, perdera todo menos a razón.  Feliz semana!
A. Espinosa

No hay comentarios:

Publicar un comentario