Se ha producido un error en este gadget.

domingo, 15 de septiembre de 2013

VERDADES OU MENTIRAS?
 15/09/2013
  Creo que na vida existen rupturas inesperadas. A xente rompe as relacións cando menos o esperas.  O outro día ía en avión cara a Bilbao e a moza de diante estaba rompendo co mozo. Non estaban contiguos. El estaba no último asento da esquerda da columna dereita e ela estaba no último asento da dereita da columna esquerda. No medio había o corredor.

E foi ese o instante no que rompían.E é que as rupturas prodúcense cando menos as esperas e elas contrólante a ti. E é por iso que ás veces a xente di frases que xamais se esperarían pronunciar.  Como foi o caso? Ela recriminoulle a el as súas mentiras. Non vos contarei cales, pero eran bastantes e variadas.  Preguntoulle porque mentía. E el dixo unha desas frases que provocan rupturas. Tan só  lle respondeu: Nunca che mentín, tan só apracei dicirche a verdade.

Non houbo máis. Nin gritos, nin dor.  Romperon nese instante.  Aprazar a verdade? Que xeito tan estraño de non aceptar as túas propias mentiras.  Non hai dúbida que as rupturas sempre te atopan a ti e nunca  ti a elas ¡Feliz semana!   A. Espinosa

No hay comentarios:

Publicar un comentario