sábado, 28 de diciembre de 2013

Alentos para Aninovo

Rubindo e baixando costas
nun soño d`idas e voltas.

              Uxío Novoneyra.

Seguiremos rubindo e baixando costas, os soños semellarán fuxir nalgunha curva... Máis aínda seguen aí.
Que ninguén se baixe da estación da Esperanza.
Bo Aninovo.

Ana López.

Illas

Ando a barallar
promesas e perdóns
na inseguridade dun océano
sen illas de certeza

atrapada en corpo e alma
na propia identidade.

              Ana López.

viernes, 27 de diciembre de 2013

En Muxía ocurríu unha desgraza; queimouse o santuario da Virxen.O mar tinguíuse outra vez de negro... Preto, os anxos abalaron a barca.

MUXÍA

Fondeou un lostrego
na igresia dos milagres

o lume consumíu
as velas dos alentos
que quedaran do Prestige.

O anxos
abalan a barca
nun mar desolado.

         Ana López.

lunes, 23 de diciembre de 2013

Chove pra que eu soñe...Fermosisímo verso de Uxío Novoneyra.

                                         Foto: Fernando Barbeyto.

Cómpre polo Nadal / un soño no colo levar...

O corazón non se resigna a deixar de soñar e espera hoxe máis que nunca un milagre.
Baixo o chuvasqueiro todos agochamos un soño.
Unha aperta.Grazas por estar aí.
FELICES FESTAS.

                 Ana López

sábado, 21 de diciembre de 2013

Aínda queda camiño, aínda sortearemos máis curvas perigosas, e seguiremos apeándonos en estacións trabucadas. Malia todo paga a pena a viaxe.

O tren virou
na curva perigosa
da dúbida.

Vagou
polas vías trabucadas
da inconsciencia.

Ata deterse
na estación subterránea
da incerteza.


             Ana López.

viernes, 20 de diciembre de 2013

A MÚSICA

La música es una casa de cristal en la ladera
donde vuelan las piedras, ruedan las piedras.

Y las piedras atraviesan la casa rodando
pero todos los cristales quedan intactos.

                  Tomás Transtömer.(Bálticos y otros poemas)


" Os primeiros acordes...Pecho os ollos e pérdome naquel bosque de arpexos, a harmonía dos instrumentos invádeme. Voo entre as notas dos violíns, persigo os rechouchios da frauta, acóchome detrás das cordas das arpas...Agora o piano, primeiro son lenes gotas de choiva que caen sobre as follas de árbores inexistentes, auga que flúe lentamente e salpica as miñas pálpebras, despois imparable caudal sobre o que navego nun barco de papel...

          Concha Parga (Viaxe en círculo)


Da "casa de cristal en la ladera" de Transtömer, a "navegar nun barco de papel" de Concha ; dúas fermosas metáforas para falar do mesmo: a beleza delicadisima da música, nestes tempos máis necesaria que nunca.
!Que a música vos envolva!

       Ana López.

jueves, 19 de diciembre de 2013

O GATO

                                          Foto: Fernando Barbeyto.


Cortaron a luz, non vexo nada.

Ando a apalpar o frío e a fame.


         Ana López.

miércoles, 18 de diciembre de 2013

O mellor agasallo de Nadal para a nosa amiga Gema

Unha luz nova que trocará as cores do mundo...

BO NADAL

O Nadal anda a medir como nos atopamos de amor, saúde e cartos. A eso deron en chamarlle: ILUSIÓN.
Eu diría que van en proporción directa: canto máis amor e saúde teñas máis aumenta o espiritu navideño. Os cartos non van nada mal dende logo, polo menos o necesario para vivir con dignidade. É certo que "no solo de pan..."  pero pan e teito sí ten que haber porque senón ¿onde colocamos o neno Xesús?
Xa sabedes que dín que os ricos tamén choran e que os cartos non os salvan da gadaña !só faltaba! No camposanto todos iguais. Aí si que estivo acertado o creador.
Pero o que é definitivo para encher as casas de ledicia é poder contar con algún neno/a. Por eles aínda que andes algo en precario botas man das resevas de ilusión que todos levamos no corazón. Nós temos o previlexio de contar coa nosa fadiña particular que nos abastece a todos.
Hoxe son malos tempos non solo para a lírica. Para algúns será imposible por máis que os televexos turren e turren con eses anuncios de familias marabillosas ó redor dunha mesa ben surtida, luces de cores, arboriños con fitas douradas, e que sei eu...Para empezar non teñen onde poñelos, nin sequera na rúa que van camiño de "externalizala" tamén
Bueno, nesto non se pode cabilar porque non é bo para a ilusión; dache por pensar e maldecer e esto non está no catálogo.

               Ana López.

Vaise outro outono, pero chegarán máis de seguro cós seus vermellos e dourados...Agora imos abrigarnos nun Nadal que xa está a petar á porta.

                                        Foto: Fernando Barbeyto.

martes, 17 de diciembre de 2013

DESPEDIDA DO OUTONO

Amoréanse nun recuncho da varanda
as últimas follas do outono.

Algunhas deambulan extraviadas
polas táboas molladas do paseo.

Gardan adeuses
no pechado instante dun abrazo.

O río reflicte a luz dun sol improvisado.



         Ana López

lunes, 16 de diciembre de 2013

Atopar a saída

Cando saín á superficie o aire seguía a estar mesto, o mesmo que estaba cando caera ao fondo. Todo semellaba igual, máis eu era outro. A estadía na escuridade do pozo fixérame máis forte. Agora aprendera a respirar, atopaba osixéno debaixo das rochas cando era preciso. Podía nadar en calquer auga por avolta que discorrese sen rematar as forzas nin enredarme nos argazos.
Lonxe soaba algunha campá do Nadal.

            Ana López.

domingo, 15 de diciembre de 2013

BO DOMINGO

QUE PAR DE CATARATAS .......




O pouso do tempo
foi toldando as meniñas.
A auga volveuse turbia e o ceo gris
.Agora mans firmes
están listas para
darlle marcha atrás ao reloxio
e recuperar a luz nova.
As gaivotas voando coma anxos de prata
e ata as enrugas perdidas do rostro.


gema, 15-1213







jueves, 12 de diciembre de 2013

Aí vai outra de gatos ...

MIAÑAR

Pisa a cola da noite o miañar dun gato. O día agarda asustado acubillado na páxina. Chove sobre unha realidade de teatro. Os personaxes son sombras chinesas que se moven detrás dun pano remendado nun escenario inestable cheo de migallas que recollen engruñados. Ese é o comezo, o nó e o desenlace. O director agóchase no anonimato. Fan falta ollos sen lentes trucadas e asinar unha póliza coa dignidade para poder ver a obra sentido os bocados dos voitres nas entrañas.

    Ana López.

Nova imaxe da "socia fundadora" do Patio


A imaxe está en branco e negro, pero ti, querida amiga, quizais agora a vexas en cor... De todos os xeitos estás guapísima...

miércoles, 11 de diciembre de 2013

GRAZAS

Grazas ao sol polo agasallo do día
e á noite polo corredor das sombras.
Grazas á suavidade da herba
e á dureza das pedras do camiño.
Grazas á fartura da fame
e a ansiedade da sede.
Grazas á ledicia dun bico
e ao instante sarilleiro da esperanza.
Grazas á traizón dos amigos
que deixou espazo aos verdadeiros.
Grazas aos que me aman
e amo indefinidamente.
Grazas aos que marcharon e volveron
ou non volveron nunca.
Grazas aos que abriron as portas
que atoparon pechadas.
Grazas a xenerosidade dos abrazos
e ao silencio laxento das ausencias.
Grazas por poder agarimar
os fermosos froitos do meu ventre.
Grazas á plenitude da vida
nesta andaina do tempo.

             Ana López.

martes, 10 de diciembre de 2013

Lejana Arquitectura

Vejez, llevate todo; cutis terso
donde viajaron manos persuasivas,
ojos radiantes, lámparas votivas
que iluminaron noches de universo.

Llévate aquel andar como en verso
mis firmes piernas eran decisivas.
Yo buscaba las cosas substantivas
quizá muy lejos dun afán perverso.

Llévate de la avispa mi cintura,
dimensión increible, lozanía,
llévate de mis senos la blancura.

y el negro de mi pelo en armonía.
Llévate mi lejana arquitectura
Pero déjame entera mi alegría.

Griselda Álvarez Ponce de León.

domingo, 8 de diciembre de 2013



SI DIOS FUERA UNA MUJER


¿Y si Dios fuera una mujer?
Juan Gelman


¿y si dios fuera mujer?
pregunta juan sin inmutarse

vaya vaya si dios fuera mujer
es posible que agnósticos y ateos
no dijéramos no con la cabeza
y dijéramos sí con las entrañas

tal vez nos acercáramos a su divina
desnudez
para besar sus pies no de bronce
su pubis no de piedra
sus pechos no de mármol
sus labios no de yeso

si dios fuera mujer la abrazaríamos
para arrancarla de su lontananza
y no habría que jurar
hasta que la muerte nos separe
ya que sería inmortal por antonomasia
y en vez de transmitirnos sida o pánico
nos contagiaría su inmortalidad

si dios fuera mujer no se instalaría
lejana en el reino de los cielos
sino que nos aguardaría en el zaguán del
infierno
con sus brazos no cerrados
su rosa no de plástico
y su amor no de ángeles

ay dios mío dios mío
si hasta siempre y desde siempre
fueras una mujer
qué lindo escándalo sería
qué venturosa espléndida imposible
prodigiosa blasfemia

ONOMÁSTICA

Hoxe no patio
temos unha amigüita de onomástica
e traémoslle
esta tartiña fantástica ....
08-12-13




Á memoria dun inesquecible amigo.

O aire leva
o silencio mesto da ausencia
e a esgazadura da pena.

Arestora camiña
por un inmutable lugar
onde chegaremos algún día.

Os abrazos non poden encher
o oco da perda.


             Ana López.

sábado, 7 de diciembre de 2013

Malia o último verso espero que o drama non se repita.



XINETES


Os días traen pouco ceo
e un traquelear de ferraduras.

Non se foron nunca do outro lado da porta
estaban agochados agardando o momento
de reescribir a historia.

Nós, aletargados nesta noite longa
mentres impunes abaten a xustiza
ocupan as rúas,selan as bocas, rodean as prazas
acoitelan aos pobres que asaltan os valos.

Teñen o cabalo branco, o arco e as frechas.

Derriba das vidas estragadas
negro,vermello e amarelo
cabalgan.

Repítese o drama.


               Ana López.

viernes, 6 de diciembre de 2013

Flores para o noso Patio


Durante a miña viaxe non me puiden resistir a recoller este feixe de flores para pintar cores de primavera no outono soleado do noso Patio.

O SEXO DOS ANXOS




Unha das máis lamentables carencias de información que padeceron os homes e as mulleres de todas as épocas, relaciónase co sexo dos anxos. O dato, nunca confirmado, de que os anxos non fan o amor, quizá signifique que non o fan do mesmo xeito que os mortais.
   Outra versión, tampouco confirmada pero máis verosímil, suxire que aínda que os anxos non fan o amor cos seus corpos ( pola mera razón de que carecen dos mesmos) celébrano en cambio con palabras, vale dicir, coasadecuadas.

  Así, cada vez que anxo e Ángela atópanse no cruzamento de dous transparencias, empezan por mirarse, seducirse e tentarse mediante o intercambio de miradas que, por suposto, son anxelicais.
   E se anxo, para abrir o  lume di : "semente", Ángela, para atizalo responde: "suco". El di "alud", e ela, tenramente: "abismo".
   As palabras crúzanse, vertixinosas como meteoritos ou acariciantes como copos.
   Anxo di : "madero". E Ángela: "caverna".
   Aletean por aí un Anxo da Garda, misóxino e silente, e un Anxo da Morte, viudo e tenebroso. Pero o par amatorio non se interrompe, segue silabeando o seu amor.

   El di "manantial". E ela "cuenca".
   As sílabas imprégnanse de rocío e, aquí e  alá, entre cristais de neve,
circulan o aire e a súa expectativa.
   Anxo di: "estoque", e Ángela, radiante: "ferida". El di: "tanguido", e
ela: "rebato".
E no instante mesmo do orgasmo ultraterreno, os cirros e
cúmulos, os estratos e os nimbos, estremécense, tremolan, estalan, e o amor dos anxos chove copiosamente sobre o mundo.
Mario Benedetti

MANDELA: AGORA XA HAI ANXOS NEGROS

Este poema de Henley acompañou a Nelsón Mandela no seu calabozo, líao a miúdo e axudoulle a resistir. Hoxe recitámolo na súa memoria . O seu exemplo é máis necesario que nunca.Descanse en paz un home que pese a todo non alimentou a vinganza nin a carraxe.

íINVICTUS

William Ernest Henley


Fuera la noche me cubre
Negra como el abismo de polo a polo
Agradezco a cualquier dios que pudiera existir
Por mi alma incosquistable
En las feroces garras de la circunstancia
No he gemido ni he gritado
Bajo los golpes del azar
Mi cabeza sangra, pero no me inclina
Más allá de este lugar de ira y de lágrimas
Es inminente el horror de la sombra
Y sin embargo la amenaza de los años
Me encuentra y me encontrará sin miedo
No importa cuan estrecha sea la puerta
Cuan cargada de castigos la sentencia
Soy el amo de mi destino
Soy el capitán de mi alma.

O río aínda leva auga, pronto chegará a nós, non desesperes...

                                         Foto: Fernando Barbeyto

-canto caudal ha de levar o río?
-tanto, que a canle non derrame.

                  Ana López

CON ESTA IMAXE QUERO REPRESENTAR A LUZ DUNHA ESPERANZA PARA TODOS NOS DÍAS NOVOS DO ANO NOVO




jueves, 5 de diciembre de 2013

Velaí porque non son millonaria!

"...hay personas que son demasiado estúpidas para progresar en la vida, por eso nunca habrá igualdad social, pues las diferencias innatas harán que unos progresen y otros no...la desigualdad  social es un buen estímulo para la actividad económica..."

Boris Johson, alcalde de Londres.


Sempre hai un "home de ben"
coa palabra certeira e mente clara
para decirche:
! es parva !

        Ana López.

miércoles, 4 de diciembre de 2013

FIIÑOS


Un fiiño colga da cortina. Trata de sacalo, arruína a simetría impecable do pano. Pero o tirón é demasiado brusco e a tea engurrar. Segue tironeando e o fío resalta na trama como a vea inchada e rugosa dun vello. Estropeou a cortina, igual que tantas situacións da súa vida.
Son unha arruinadora profesional, na procura tenaz de excelencias que non existen ,pensa. As alegrías terminan por empañarse ante os meus ollos.
Iso que chaman felicidade non se pega aos seus dedos, nin se os embadurnara con cola. Ela desexaría que permanecese pegada un tempo máis longo e non resulte un soño fráxil, que cando empeza a tomar forma, acaba estrelado no chan. Sempre esperando absolutos, cousas que se pechen sobre si mesmas coa pureza dun círculo.
Hai privilexiados aos que certas felicidades chéganlles fácilmente. Gárdanas en caixiñas cheas de compartimientos e clasifican as horas de dita, que subsisten nunha orde escrupuloso.
Ela tamén quixo resgardar eses instantes, coma se fosen o seu anclaje para as épocas de tristeza. Destinoulles un caixón da cómoda e acumula nel os seus recordos: a rosa seca, fotos, a alianza, o libro que lle suavizase a alma, ese botón dourado que atopou na rúa e que foi como unha pinga de sol no charco fangoso dos seus días. E outros restos de puntillas que adornaran algunhas das súas boas rachas.
Pero cando fai un reconto da súa pequena fortuna, comproba que perdeu o valor orixinal. A rosa son só pétalos momificados que non a remiten a unha evocación precisa. O anel está vestido de loito e as palabras do libro, agora, son vas, estériles.
Obxectos xa sen conexión co presente. Nunca os puido ordenar: están envolvidos na urdime enmarañada de todos aqueles fíos que ha ir arrincando de cortinas, dobladillos, mangas, manteles, no seu intento de perfección.
Pobres doseis de felicidade, que perviven, desordenadamente, no recuncho das quimeras abandonadas.


Mirella S.
fragmento dun cadro de Dalí

martes, 3 de diciembre de 2013

FLORES PARA DORMIR

http://deepcoveflowers.blogspot.ca/2013/06/handfull-of-fragrance.html


MIRADAS TORVAS

 A vida cambia, o mundo xira.  As persoas modifícanse pola vida e polo mundo.  E iso é o que pasou o outro día.
 Atopeime nunha reunión cun amigo meu que facía anos que non vía.  Cando o vin, notei que había algo nel que non cadraba.  Algo na mirada, coma se perdese brillo ou se modificara.

Na reunión había unha persoa máis, un home sabio que fala pouco pero acerta moito.  Así que como había confianza, pregunteille que  fixo.  E  comentoume que seica operara os ollos.
 Que existía unha nova técnica coa que  podías aclarar a cor do iris e conseguir que sexan  
azuis,verdes...
E mireille, e si que eran azuis, pero un azul estraño, turbio e diría que sen alma.  Non dixen nada  pero aquel home sabio, que falaba pouco e acertaba moito, soltou:
Temos sorte de non vernos o fígado, os intestinos ou o corazón.  A de xente que se cambiaría a cor, o tamaño ou a forma.  Un é o que é.  Has de amar o  teu propio caos.  Amar o teu propio caos...
Ninguén dixo nada máis.  Tan só miradas.  Ollos azuis novos mirando a outros escuros e os escuros a outros marrón claros.  Quizá debésemos amar o noso propio caos.. ¡¡¡¡

A. Espinosa.