Se ha producido un error en este gadget.

martes, 17 de septiembre de 2013

Animación á escritura

Carme e Alberte


A Carme meceuna a soberbia, a Alberte a desconfianza.

-Carmen, ponte dereita!-berrábanlle
a nena erguía o corpo asustada.
-Alberte, non vales para nada!-dicíanlle na casa.
o rapaz baixaba a cabeza e choraba.

A inseguridade aniñou nos dous.

Aquel día camiñaron a carón un treito pola rúa
baixaron a mesma estación,
colleron o mesmo tren,
sentaron ó lado...

Carme non baixou a mirada
Alberte cravou os ollos no chan.

O azar non puido facer nada.


Ana López.

4 comentarios:

  1. Como fas Aniña para ter a inspiracion sempre a punto...? Dende logo creo que ti si es unha escritora nata: inspiracion +traballo e logo dis tanto en tan pouco... Iso e unha gran virtude. Contas ben, brevidade e moito contido, atinado e fermoso. Parabens!!!!

    ResponderEliminar
  2. Grazas polas túas xenerosas palabras e por pararte un ratiño a mirar eses dous seres que non acertaron a verse !que magoa !

    ResponderEliminar
  3. Para non me repetir, súmome ás palabras de Conchi.
    Atópaslle o seu punto a todo e ademais a PRIMEIRA. Conchi dixera que un relato cada mes, eu dicía cada 15 días pero ti bates os records.
    Tes un premio por aplicada.

    ResponderEliminar