Se ha producido un error en este gadget.

lunes, 16 de septiembre de 2013

Carta aberta a Concha

Querida Concha; no máis fondo da realidade sempre habita un soño, é o eixo que permite que a roda poida xirar por entre os cascallos.
Os soños non son  concretos,non teñen forma nin color, hai quen dí que son azuis, pero eu díría que teñen moitas cores e dende logo ás para poder voar alto.Cada un recreao a súa maneira.
Un libro é un soño .
Nunha vida plena como a tua caben moitos soños, eu sei que algún se che tronzou demasiado cedo, pero o teu corazón sigue tendo a mesma forza e ilusión que aquela mociña que coñecín hai anos e seguirá xenerando soños para que os demáis disfrutemos.
Na cronoloxía da nosa amizade sempre fomos emprazadas pola palabra, inda que non se pronunciase sempre estivo aí esperando por nós, sabiamos que algun día ia saír e así foi e por iso o camiño que percorremos e longo e aberto.
Vouche dicir un segredo, eu xa vivín a presentación do teu libro no terreo ilimitado do pensamento,e se me apuras xa sabía o título "Viaxe en círculo" non podía ser outro!
Estou moi contenta, non sei se se cumprirán outros soños que andan despendolados polo maxín, pero este soño do teu libro xa o cumprín ! é unha fermosa realidade.
Noraboa Concha, de todo corazón.
Unha grandisima aperta.
Ana.

2 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Non sei que pasou co comentario que escribin, debeu de ser que como me deixaches sen palabras empezaron a sair cifras e signos estraños, asi que o tiven que borrar.
    Dicia que un un sempre anda a perseguir soños,pero logo a vida esgaza a realidade e soterra os soños...pero un volve a reunir forzas para xuntar os pedazos e desenterrar os fios para seguir tecendo ....
    Pero , non sei...Quizais este libro non estea feito da tea dos soños, foi algo que naceu pouco a pouco, nalgun oco do tempo; foi medrando alimentado de pequenos retallos de vidas que se cruzan, se presinten,que se moven ao noso redor como particulas invisibles, e logo fuxen e deixan de pertencerte. E algo estraño...agora sinto que me abandoan ..
    Pero o que de verdade me emocionou e que para ti supoña isto un soño e que, incluso xa presentiras o titulo. .. Que o sintas como algo propio...podese pedir mais a unha amiga...?
    GRAZAS.

    ResponderEliminar