Se ha producido un error en este gadget.

martes, 4 de febrero de 2014

Bos días ciclistas de toda condición; fóra a preguiza hai que seguir ...Agarrádevos ao guiador e !a pedalear!

Cantas veces as rodas
fixadas ao cadro encorvado do destino
transportan a carga das persoas
e a mercaduría das cousas
sen que o guiador controle as curvas?

Cantas veces unha lamia de caucho
tranca o rodamento da roda dianteira
e hai que dar impulso cós pés
para que os freos non disipen a enerxía
dunha segunda traxectoria?

Cantas veces podemos desviar o tempo
nas distancias curtas?


                         Ana López.

1 comentario:

  1. Estache o dia como para pedalear... En canto a desviar o tempo...? Eu son quen de matalo, iso e doado, morre el so, segundo a segundo. Quizais unha boa maneira de desvialo e escribindo, ai podes movelo, atrasalo, adiantalo, desvialo... E a ti o de escribir dachese ben. Sabes xogar coas palabras.

    ResponderEliminar