Se ha producido un error en este gadget.

sábado, 28 de septiembre de 2013

É sábado, deixou de chover, estamos vivos . Gema convídanos a unha saborosa cunca de chocolate, non sei se podo invitar e estes entrañables doentes do esquecemento , seguro que inda poden disfrutar do sabor...Podo non si?

ALZHEIMER

non lembra cando abriu a porta
para que estraños ocuparan a casa

non lembra cando derrubou os muros do xardín
nin cando as árbores se trocaron en monstros

non lembra cando pintou de branco as paredes
nin en que caixón gardou os nomes e as palabras

non lembra cando esvarou pola espiral do soño
nin quen lle arrincou ó salgueiro as bagoas

non lembra cando invitou ás horas
a habitar este tempo xordo e insondable


Ana lópez.

4 comentarios:

  1. Que bo poema pero como me fere esa palabra.

    ResponderEliminar
  2. Bello poema, muy logrado, como siempre Ana. A mí n tamen me fere

    ResponderEliminar
  3. O tema e duro, a vida tamen o e, pero e bo.

    ResponderEliminar
  4. Moitas grazas ás tres. Celebremos que poidamos vernos e recoñecernos; sair á rúa e sentir bulir a vida ó redor. !Arriba esas cuncas de chocolate!

    ResponderEliminar