miércoles, 26 de febrero de 2014

Debate

-Que quedará do noxo
das voces fedorentas
destes días ?

- Só mentiras.


                 Ana López.

martes, 25 de febrero de 2014

Elexía de Curros Enríquez adicada a Rosalía de Castro.

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
!que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!
A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta morreu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
!Ai dos que levan na frente unha estrela !
!Ai dos que levan no bico un cantar !

                     

sábado, 22 de febrero de 2014

Cando estudaba Maxisterio o meu profesor de Literatura recitou estes versos de Antonio Machado; nunca esquecín a emoción que sentín nese momento . Hoxe sei que tiven un profesor de luxo. Grazas.

Señor, ya me arrascaste lo que yo más quería.
Oye otra vez , Dios mio, mi corazón clamar.
Tu voluntad se hizo, Señor, contra la mia.
Señor, ya estamos solos mi corazón y el mar.

                             Antonio Machado.

ANIVERSARIO


Caminante, son tus huellas
el camino y nada más;
Caminante, no hay camino,
se hace camino al andar.
Al andar se hace el camino,
y al volver la vista atrás
se ve la senda que nunca
se ha de volver a pisar.
Caminante no hay camino
sino estelas en la mar.
 
A. Machado

viernes, 21 de febrero de 2014

LA ADVERTENCIA

Un día
le regalan a uno
una palabra
y uno la pone al sol,
la alimenta,
la cría,
la enseña a ser bastón,
peldaño,
droga anticonceptiva,
garra,
analgésico,
brecha para el escape
o parapeto.
Uno le saca música,
la pinta,
la vuelve más pariente
que un hermano,
más que la axila de uno.
Uno la vuelve gente
y en los instantes débiles
hasta le cuenta
las cosas subterráneas de uno;
pero cría palabras
y un día te sacarán los ojos.



Euler Granda
Un hombre, cazando mariposas se cae por un precipicio, en el último momento se agarra a una rama y grita:
- Hay alguien ahí?
Una y otra vez el eco repite sus gritos.
Por fin resuena una voz profunda que le dice:
- No temas hijo mío, suelta la rama y déjate caer, mis ángeles te cogerán porque yo soy Dios.
- Ah, muy bien, gracias, pero ... HAY ALGUIEN MÁS !?
Google

A Cultura galega, a nosa angueira.

Comunicado conxunto da AELG, AGE e GÁLIX

O panorama cultural galego identifícase hoxe máis ca nunca con aqueles lembrados versos de Díaz Castro no poema Penélope. Porque son tantos e tan dolorosos os pasos atrás ...
Hoxe, tantos anos despois daquelas iniciativas culturais que na década dos 70 do pasado século ergueron o facho para alumearen o camiño da recuperación cultural de Galiza, segue sendo a iniciativa popular asentada en asociacións, colectivos, estruturas profesionais e algunhas institucións conscientes, a que mantén viva a nosa cultura, moitas veces contra o vento e a marea institucional que, escusándose na crise, practican a destrución cultural de noso e, por tanto, da industria cultural, empobrecendo o noso país ao privalo dun dos medios de produción propios.
A defensa da oralidade e das expresións orais, soporte de comunicación básico e primordial para garantir o futuro da nosa lingua e da cultura tradicional do noso pobo determinounos a non renunciar ao legado histórico recibido, procurando a resistencia á invisibilidade e negación desde o reforzo colectivo, aproveitando plataformas, medios e soportes de uso, tanto os tradicionais como os máis novidosos desde o punto de vista tecnolóxico. A consciente necesidade de continuar con criterio progresivo a apostar pola creación e difusión da cultura que facemos e en cuxos valores potenciais acreditamos, arraigada no imaxinario e expresión lingüística propios, motivou a tradicional interconexión con outras culturas que define a nosa, para partillar o escenario plural da diversidade global e pular pola formación das novas xeracións produtoras e consumidoras de cultura.
A confirmación sucesiva das alertas e ameazas de inacción dos postulados oficiais do actual Goberno galego, coincidentes coas do actual Goberno de España, reforzou o noso compromiso para coa sociedade á hora de ofrecerlle un produto cultural propio, de calidade, asequíbel e accesíbel a todos os formatos e sectores cidadáns. Abonda citar para confirmalo medidas fortemente gravatorias e impositivas para o seu desfrute individual e colectivo, que non sofren outras actividades de ocio, de cualidades formativas e educadoras ben cuestionadas, como os espectáculos futbolísticos ou taurinos, como acontece coa suba do gravame do IVE cultural até o 21%.
Significativo resulta apelar desde o Goberno galego ao herdo rosaliano, neste proactivo ano en que a cidadanía non cansou de ler, musicar, interactuar e interpretar, para maior admiración e recoñecemento, a modernidade da obra e pensamento rosaliano a nos aloumiñar e falar hoxe desde o poder da palabra compromiso e o alento vivo, ao mesmo tempo que desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria se elimina de raíz o Día de Rosalía do Calendario do Libro e da Lectura, logo de ter impedido nos últimos anos que esa data, 24 de febreiro, día do nacemento de Rosalía de Castro, formase parte do calendario escolar como data conmemorativa referencial próxima.
Sorprendente semella parabenizarse dos recoñecementos a nivel estatal dos nosos creadores culturais cando desde o Goberno se desvirtuaron os mesmos premios homónimos galegos, anulando a súa identificación como cultura nacional, así como a dotación económica.
Mais a destrución da cultura galega escúsase decote en motivos económicos e acúsase de ser un produto illado, dependente e subvencionado, mentres percibimos as intencións espúreas dos que ao pór a garabata xa non saben falar a fala nai, a fala dos avós que teñen mortos.
Desde 2009 loitamos contra a redución da presenza da nosa lingua nas aulas, un elemento fulcral para o sostén da nosa cultura, mesmo por motivos económicos, se nestas escuras tebras en que vivimos haxa quen só entenda estes argumentos. Porque a produción de libros, materiais didácticos e diferentes ofertas culturais en galego para acompañar a docencia ou para servir como actividades complementarias ou extraescolares se traduciría en incremento do PIB, isto é, emprego e riqueza, que se multiplicaría tamén fóra do ámbito docente e dentro do corpus social.
Unha redución que vai conseguir que o proceso de desgaleguización comprobado que viven as xeracións máis novas non poida ser debidamente freado e perdamos así a sociedade futura que debería manter viva a nosa cultura e se perden a fala non serán ninguén.
O ano 2013 confirmou unha praxe política de desmantelamento dos sectores culturais, tamén xeradores de fortaleza económica como industria cultural, o que, desde actitudes desafiantes  e provocadoras, se concretou na asfixia económica que pode levar á súa invisibilización e, na práctica, á súa ilegalización social.
Non son alleas á política cultural do actual Goberno galego (redución drástica de fondos destinados á adquisición de novidades editoriais para bibliotecas públicas -un 64,8% menos- e das axudas para a edición de materiais didácticos en lingua galega (un 75 % menos) situacións dramáticas como as que sofre o sector da edición galega, que dende 2008 perdeu o 38 % do seu emprego directo, e que no mesmo período leva perdido o 16,76 % da súa facturación total.
Tampouco é inocua á realidade dramática das compañías de teatro galegas nin aos datos que acaba de nos ofrecer o Instituto Nacional de Estadística confirmando o peche de 45 bibliotecas públicas en Galiza entre 2008 e 2012, o que converte o noso país na comunidade que máis espazos públicos de lectura e acceso á información perdeu en todo o Estado, mentres que neste o balance é positivo. Sorprenden neste contexto as recentes declaracións do Secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, calificando o pasado ano 2013 como "ano vizoso para a cultura galega" (!).
Entendemos a cultura galega como tecido creador de cidadanía cohesionada con valores democráticos, depositaria e defensora da nosa identidade como pobo, humus irrenunciábeis para conseguirmos maiores espazos de decisión propios, que permitan o desenvolvemento cultural e social en función unicamente dos intereses do pobo galego e que doten a Galiza da vacina protectora para non sermos varridos polo mal vento da globalización, que pretende unha homoxeneización e uniformización dos valores culturais e lingüísticos dos pobos a conta de amolecer e engulir toda diversidade cultural e plural.
Recoñécennos alén das nosas fronteiras. Creadoras e creadores galegos son premiados fóra de Galiza e mesmo a lingua galega é recoñecida lonxe das súas orixes, pois o certo é que a cultura galega e quen a produce podería competir, se de tal se tratase, a todos os niveis e en calquera lugar. Mais, pola contra, é sistematicamente esquecida por aqueles que deberían ser os seus primeiros valedores, por aqueles que deberían esforzarse cada día do seu mandato por buscar fórmulas de proxección da nosa cultura, por buscar recursos para actividades culturais que, ademais, creen emprego e, por tanto, riqueza.
Non aceptaremos que pretendan enmudecernos ou facernos estranxeiras na nosa patria, por iso seguiremos soñando coa chuvia e desorballando os prados e prendermos o lume que quente a lareira da que seguen a nacer proxectos. Entre todas e todos, seguiremos a lembrarlle a quen debe representarnos que os números non serven para saber que altura é o reino do paxaro e que tamén precisamos da palabra para alimentar o espírito, a palabra nos libros, na escena, no pentagrama. Seguiremos creando con gracia ou sen ela, na lingua que falamos porque a nosa angueira é que a nosa lingua e a nosa cultura sexan plenamente normais e estean presentes en todos os lugares e en todos os tempos.
E é tanxíbel, porque nunca é tan posible como cando é un desexo.


Galicia, febreiro de 2014


ORA PRO NOVIS

A xente devota
mira primeiro polo seu
ora pro novis
amen!

        Ana López.

jueves, 20 de febrero de 2014

O corpo: propiedade privada

 

Da campaña "Tu boca, fundamental contra los fundamentalismos" Articulación Feminista Macrosur

Pasos perdidos.

O corazón humano nunca ten a certeza de que sexa o mesmo mañá, nin pode presaxiar as consecuencias dos seus actos nunha sociedade na que todos teñen a capacidade de actuar. Eso é o custo da liberdade.
Para poder confiar no futuro precisamos dunha realidade que sexa garante de cada un, pola presenza e coa colaboración dos demáis. Todos habitamos este mundo, non é propiedade de ninguén en particular.
Non parece que a cegueira de ditar unhas leis que negan as necesidades de todos e só en beneficio dunhos cantos sexa un bo camiño.

                              Ana López.

miércoles, 19 de febrero de 2014

A voltas coas cousas do tempo...

ONDE ESTÁN ?


Sempre quedan no aire
un " xa pasou " ou " aínda non chegou"

Esas cousas que quedaron
nas pozas do camiño
onde metes os pés
cando andas perdido.

Esas paisaxes xeadas
onde non medran as árbores.
Esa dor que se retorce nos beizos
dos días enlamados.

Hai cousas pechadas
tras as portas amarelas da memoria.
Hai moito tempo morto
no que queda con vida.

Construímos lembranzas
có que garda o presente
ata que un día calquera preguntamos
onde están ?

Mentres o tempo pasa inexorablemente.

                         Ana López.
aquí estoy yo...
 Heridas

Doscientas veinticinco  heridas
repartidas en cuerpos oscuros,
al saltar la valla de Melilla.

Son heridas leves.
de poca gravedad
                      - dijo el ministro -
Serán tal vez heridascaricia?...

Debería probarlas. porsiacaso.

publicado por Mª Socorro

martes, 18 de febrero de 2014

ESCULCANDO A REDE

Poemas de invierno : Podría contar



Cada día un poema
             _ me prometí -
y estoy aquí
frente al papel en blanco...

Podría escribir, por ejemplo,
del cayuco que naufragó
hoy mismo
y de los dos bebés
que rescataron vivosdemilagro. 

De la lluvia insistente
de estos días
que deshojó las flores del jardín.

De mi patio de piedrasazules.
De la elegancia de los abedules.

De cuando naufragó un cometa
en el agua del charco del potrero.

Podría contar
sobre el amor secreto de Alfonsina.
De la obsesión de Borges
por su otro yo.

De ti, hecho de viento.
De mi,  barco de vela.

Y podría escribir
del silencio de lastardesdeinvierno,
que gobierna las calles desiertas
con todos sus ejércitos.
Publicado por Mª Socorro Luis

VERDADES COMA PUÑOS, COMA PUÑETAZOS.....

Melancolía

As gotas de choiva
esvaran indolentes
polo crital da tarde

nos grises da nebra
o sol esvaece.


                   Ana López.

domingo, 16 de febrero de 2014

MENSAXES.....


Foto Daniela J.

Que lles parece a vostedes?


14/02/2014 - Marica Campo
PARA MIN a infancia é sagrada e por iso son hipercrítica cando determinados concursos xiran arredor dela sen ter en conta o que lle cómpre. Non é a primeira vez que escribo sobre este tema porque tampouco é a primeira vez que os concursos en que participan menores asoman á pequena pantalla. O de agora chámase ‘La Voz Kids’ e ‘sucede’ en Tele5.
É moi discutíbel que os nenos e nenas deban competir. Parece que o pedagoxicamente correcto é que participen, sen máis, nos deportes ou manifestacións artísticas porque non están preparados aínda para asumiren o éxito ou o fracaso. Claro que se me poderá retrucar que moitos adultos tampouco, mais ese é problema deles.
Talvez os futuros talentos musicais teñan dereito a iren perfilando a súa carreira, a semellanza dos deportistas. Rafa Nadal empezou a competir con nove anos e aos once foi campión de España na súa categoría.
Sexa dun ou doutro xeito, o quid da cuestión se cadra está niso de «a súa categoría». Porque, igual que existe un deporte infantil, existe unha canción infantil. Porén, os nenos e nenas, os adolescentes no mellor dos casos, reproducen cancións de adultos, ás veces máis vellas que os seus avós, sen reparar nas cousas que a letra conta. Paradigma do que estou a dicir é ‘Ojos verdes’, da que teño escoitado interpretacións de neniñas sumidas no pranto, verdadeiras actrices, a laiarse da ausencia do galán que, tras visitalas na mancebía a lles pedir lume nunha clara metáfora sexual, se afastou no seu cabalo. Naturalmente que elas ignoraban o que era a mancebía e cal o lume que o usuario do prostíbulo demandaba. Desta volta, no anaco de programa que vin, unha nena de nove anos reproducía un tema de Chiquitete, ‘Esta cobardía de mi amor por ella’, ben pouco apropiado para rapaces, onde a voz poética confesa as súas fantasías.
Por que non se deseñou outro formato para este concurso? Seguramente porque o horario é de adultos e suponse que estes serán maioría entre os espectadores malia que tamén haxa criaturas que resistan até as tantas.
Non discuto que á xente cativa lle gusta meterse en roles de maiores; mais non por iso permitimos que asista ás aulas con maquillaxe ou cun paquete de tabaco na mochila, por exemplo. O criterio non pode ser o seu simple capricho. E non é censura, senón trato adecuado á idade.
Mágoa que, tendo en conta a forza da televisión, non se aproveite esta para transmitir outros contidos. Os da paixón amorosa, gratificante ou desgraciada, xa lles chegarán ao seu tempo. Claro que, se cadra, a canle que transmite este programa está a facer canteira para os folletíns dos seus estúpidos ‘reality shows’.
Posto que este é un PATIO DE RECREO, paréceme axeitado traer aquí este artículo tan lúcido de Marica Campo.
Non me parara e a pensar por que eu non soportaba ver ese programa, era intuición do que ela fixo un razonamento.

TARAJAL

A sombra da serpe
deslizouse na noite

a morte profanou
o efluvio das estrelas.

              Ana López.

sábado, 15 de febrero de 2014

Corazón coraza

 Porque te tengo y no 
porque te pienso 
porque la noche está de ojos abiertos 
porque la noche pasa y digo amor 
porque has venido a recoger tu imagen 
y eres mejor que todas tus imágenes 
porque eres linda desde el pie hasta el alma 
porque eres buena desde el alma a mí 
porque te escondes dulce en el orgullo 
pequeña y dulce 
corazón coraza 
porque eres mía 
porque no eres mía 
porque te miro y muero 
y peor que muero 
si no te miro amor 
si no te miro 

porque tú siempre existes dondequiera 
pero existes mejor donde te quiero 
porque tu boca es sangre 
y tienes frío 
tengo que amarte amor 
tengo que amarte 
aunque esta herida duela como dos 
aunque te busqué y no te encuentre 
y aunque 
la noche pase y yo te tenga 
y no.
 

Mario Benedetti

UN CADRO PARA UN SÁBADO

Cultural do País
Dicía Picasso que "que el pintaba o que vía na súa cabeza" Pois ...... saqemos conclusións.......
Museo R. Sofía.

jueves, 13 de febrero de 2014

COUSAS QUE SUCEDEN....

No se si es el sueño o la falta de harina en mi dieta, tengo tristeza. Que no es grave ni genera cambio alguno en mi día, pero no es poco. Intento que se me pase pero se complica, pensé en una galletita con azúcar negra y no logro salir a comprarla. No es una tristeza convencional, digo, como esas que surgen cuando pasa algo puntual o cuando te enteras que lo que hiciste no le gustó a nadie. La que me aqueja es más suave, es  leve con posibilidad de mejoría hacia el final de la tarde, se irá despejando con las horas, horas que pasan lentamente pero pasan y no queda nada, quizás eso. Tal vez si me esfuerzo y lloro ella se desinstale, el agua limpia estados.


30 años sin él    --  Julio C.
 La conciencia es energía, la más pura energía. La mente no es tan pura, el cuerpo todavía es menos puro. El cuerpo está demasiado mezclado, y la mente tampoco es totalmente pura. sólo puedes conocer esta conciencia pura,si haces un cosmos de los tres estados energético cuerpo, mente ,espíritu. Si todas estas tres energías funcionan en armonía, estás sano y completo. Si todas estas tres energía no funcionan en armonía harán que estés mal, enfermo; dejas de ser un todo ".

Osho

Ha de ser a choiva a que me pon tan morriñenta...

De paso

Cantas cousas quedaron
cantas foron posibles
cantas fracasaron?

En que labirinto se perderon
existiron ou soñamos ?

É a vida unha sombra de paso ?

                    Ana López.

miércoles, 12 de febrero de 2014

30 aniversario da morte de Julio Cortázar

Hai 30 anos morría e Paris o autor de "Rayuela". Según as súas propias palabras " en Europa empecé a descubrir que la historia me rodeaba, que me acosaba. Y en Rayuela se siente un poco el eco de esa batalla"
Compartiu coa xente nova as revoltas do 68 aos que lle adica estes versos:

Escucha, amor, escucha el rumor de la calle,
eso es hoy el poema, eso es hoy el amor...

Nunha biografía editada por Seix Barral no ano 1998   e escrita por Mario Golobolf manifesta:

"Yo creo desde muy pequeño mi desdicha y mi dicha, al mismo tiempo, fue no aceptar las cosas como me eran dadas. A mi no me bastaba con que dijeran que eso era una mesa o que la palabra madre era la palabra madre y ahí se acaba todo. al contrario, en el objeto mesa y en la palabra madre empezaba para mi el itinerario misterioso que a veces lograba franquear y otras me estrellaba. En suma, desde pequeño, mi relación con las palabras, con la escritura no se diferencia de mi relación con el mundo en general. Yo parezco haber nacido para no aceptar las cosas como me son dadas."

martes, 11 de febrero de 2014

BOA E QUENTIÑA NOITE

O caso da muller des-compensada

Cando a Natureza quere facerse notar fai algunha extravagancia e vaíselle a man...Iso foi o que lle pasou con Rita. Agora anda pola vida descompensada.
Semella camiñar dereita, máis se te fixas ben vai un chisco botada para diante.
Hai unhos anos tiveron que levala ó médico porque escoraba do lado ezquerdo. Despois de analizala e tras moito debater acordaron que o seu problema era do corazón : Era grande de máis. Non era cousa de morte pero podería darlle algunha molestia.
Non había ningunha menciña que poidese curala e só lle recetaron unha boa alimentación e moito exercicio. Recomendáronlle ademáis que como medida de precaución fose moderada cós afectos.
Máis Rita tiña as súas ideas sobre o particular. Quería sacar algo positivo da neglixencia da creación. Pensou que dado que había moitas persoas que andaban escasas do preciado músculo, repartiría anacos do seu, así compensaría a súa abundancia coa precariedade allea.
Como non se controlaba ben, síntoma característico da doenza, daba e daba sen parar...A verdade era que non vía mellorar moito aos "destinatarios" pero ela seguía coa súa teima.
Pasado un tempo foi notando o peito máis e máis baleiro... Como se tivese o oco da friaxe dentro. Xa non escoraba, sentía que afundía.
Decidiu recuperar os anacos que lle faltaban. Reclamounos de casa en casa pero ninguén daba conta deles. Uns fixeran un colgante para ocasión especiais, outros tirárano ou perdérano,e o pior había quen non se percatara do agasallo. Por último alguén lle cantou aquelo de : "Santa Rita , Rita, Rita o que se da non se quita"
Deuse conta de que non sería doado recuperalos polo que tería que vivir có anaquiño de reserva que gardaba nunha caixiña dourada. !Menos mal que neso fixera caso da súa nai !
Rita segue descompensada
non escora do lado ezquerdo
pero camiña dobrada.

                     Ana López.

domingo, 9 de febrero de 2014

PASA O TEMPO? PASAMOS NÓS???????

A nai
tróuxome ao mundo
cuberta de lunares.
Chegaches ti e
fúcheste apropiando
pouco a pouco deles.
Eu, fachendosa e namorada
cedíachos todos.

Hoxe, con gafas de cerca e lupa
escúlcaos un a un
por se fosen......
manchas perigosas.
Cada tempo
ten as súas cousas¡¡¡¡¡

ANIMACIÓN Á ESCRITURA -- AUSENCIA EN EL MUELLE ( sin O )

Angela Fernández.



El mar tiene resaca de ti. Se estrella de hambre para buscar alguna huella de tu pasada presencia. Abandonada, desde que te fuiste a la línea tras lejanas latitudes, perdida en un mal azar. En la distancia asesina de tanta agua, hundida.

Una muerta que respira salitre de navajas. Mi vida sin peces ni mareas, una barca esculpida en el muelle, que espera, que calla blasfemias. De ti amputada.

Tu figura se encalla en las nubes y me llama a sucumbir. Cuanta distancia revelada en el agua, cuanta pena estanca en la sima del alma, cuanta ingrata ausencia de ti.

Dame pruebas de tu presencia, una brisa cálida, una caricia de luna calma, una húmeda risa de espuma de algas, una música transparente de un batir de alas… alguna prueba de tu existencia disipada en mis nieblas.

Para seguir viva, igual que el agua del mar trepidante, que un ayer fatal te alejaba. Aquel ayer que respiraba y empañaba mis mejillas de lluvia salada.

Cuanta tiranía para tan pequeña playa. Mi arena, ya sin mareas que la bañen, desierta está, atada a pliegues que crecen de un mar canalla que te engulle hasta la nada, que te lleva con ansias de gula tan allá.

Más allá de tanta dicha, expulsada. Y deja la ira, y deja la rabia. Salpicada de muerte, derramada de heridas sin sangre ni batalla, desnuda de piel. Deshabitada de ti.

Espérame en tu distancia salada…

El mar, invulnerable, me niega esperanzas. Se embravece y canta tempestades. Su música impasible llega hasta mí a pedradas, resucita tu ausencia hasta la pleamar de la nausea.
apostamos cantos os hai?


sábado, 8 de febrero de 2014

Outrora

Outrora
era o tempo aberto
non había soños clausurados
eramos novos...
vivir era un alento fondo e amplo !

                 Ana López.

viernes, 7 de febrero de 2014

Obra de Ernest Descals


No verán a súa nai usaba vestidos escotados e Noelia, disimuladamente, miráballe os peitos. Quería tocalos, eran pálidos, opulentos, daban ganas de lambelos. Desde a sá  barriguiña unha voz dicíalle que non estaba ben, aos catro anos xa non podía chupar a teta. Pero éralle imposible evitalo e buscaba estratexias para non perder oportunidades de que todo contacto parecese casual. Tiña que ser dun modo delicado, coma se tratásese dun jarrón de porcelana demasiado fráxil e valioso, igual ao da avoa Inés, que somente debía mirar de lonxe....  ( Mirella S. )   
 
 

jueves, 6 de febrero de 2014

6 DE FEBREIRO

Google

E n  que cruel cerebro humano
pode caber a idea
de amputar o cáliz puro da rosa
 antes de que se abran os seus pétalos
ao rocío vivificante ?

Dín que na nenez están as claves da vida: os xogos aos que xogamos, as cantigas que os acompañaban, os soños que xa andaban por alí, e sobor de todo aqueles aloumiños do fogar...Esas doces lembranzas sempre se abren paso aínda que o frío do inverno intente facelas xeada. Venzamos ao tempo lembremos...

Polos xeados carreiros do inverno
van as lembranzas da nenez;
xogos, soños, cantigas e aloumiños
que non conseguiron rabuñar
as afiadas unllas do tempo.

                             Ana López.
imagenes

MERJA VIROLAINEN - ELVIRA RIVEIRO . no Ágora

Merja Virolainen

Pendurada da ponla da mazaira
cabeza abaixo co pelo todo de pnta,
randéome, o ceo de herba
pasa voando, choven troncos de árbore,

o peixe trouxo o avó do lago,
as vacas recolleron do prado a avoa,
a masa amasa a man dende o mesado.

As patacas erguéronse da terra,
os campos aráronme,
a herba está agatuñando por Michi,
ósos rillan no Tobi, baixo as silvas de grosellas
vermes peteiran nas pitas........


Particularmente a min gustoume moito máis a nosa poeta. Ten una poesía moi nova, fresca, intelexible e recita moi ben.

miércoles, 5 de febrero de 2014

Sen título

siluetas da pobreza
remexen os anacos da miseria
que podrecen nos contedores

ouvean na bandexa da fame
teñen lugar reservado no mercado da nada
acurrunchan o frío contra as portas do destino
habitan o subterráneo da fatalidade
poñen ao sufrimento nome e apelido

sobreviven cós despoxos dunha época
que esqueceu condenar o crime da infamia
e rescatar a conciencia das fauces das hienas

rastrexan incansables no túnel do tempo
cós nocellos inchados e o ventre baleiro
o silencio culpable da barbarie.


                            Ana López.

martes, 4 de febrero de 2014




TEMPORAL

O bruído do vento
vai encabuxar ao mar
e esgazar o tempo.

                   Ana López.

E agora imos xogar á comba. Preparadas !

Uno, dos , tres, cuatro
Margarita tiene un gato...



Un, dous , tres, catro,
as paredes do meu cuarto.
Un, dos , tres, catro
brinco por riba das catro.
Un , dous, tres, catro
vexo o sol por un buraco.
Un, dous, tres, catro
sete vidas ten o gato
e as solas dos meus zapatos.


                   Ana López.

Bos días ciclistas de toda condición; fóra a preguiza hai que seguir ...Agarrádevos ao guiador e !a pedalear!

Cantas veces as rodas
fixadas ao cadro encorvado do destino
transportan a carga das persoas
e a mercaduría das cousas
sen que o guiador controle as curvas?

Cantas veces unha lamia de caucho
tranca o rodamento da roda dianteira
e hai que dar impulso cós pés
para que os freos non disipen a enerxía
dunha segunda traxectoria?

Cantas veces podemos desviar o tempo
nas distancias curtas?


                         Ana López.

lunes, 3 de febrero de 2014

A chamada

  
  
Aquela tarde achegueime   á varanda da praia. Desexaba ver a mar unha última vez antes de deixar aquel lugar para sempre .
Tiña que fuxir das lembranzas, esquecer definitivamente esa masa de auga salgada que me atraía cara a  inmensidade. Entre a liquidez translúcida que a pregaba vía navegar a súa mirada.
 Erguín a man en sinal de despedida. El dende  a infinidade da nada entendería  aquel adeus. A mar, a partir daquel intre, sería a única que gardaría  a súa ánima.
Vireime a présa mentres limpaba a humidade das meixelas e camiñei  cara á casa. Unha tristeza gris bicaba a súa nudez. Agarrei as maletas e saín sen mirar atrás.
A distancia, pensei mentres iniciaba a marcha, sería  capaz de estiñar as feridas que deitaban sangue máis alá da pel.
Presentín  que alguén camiñaba tras de min. Xirei a cabeza. Un feixe de luces vacuas cravaban cristais na carne.   Quedei  paralizada, á espreita. Quixen berrar, mais a angustia era  lume que reducía a muxicas as palabras. Unha man pesaba enriba da miña espalda... Naquela estraña caricia identifiquei a señardade. Dende a mar el reclamábame. E na lentitude dese instante comprendín que endexamais me libraría  da súa presencia de auga.
Deixei as valixas na beira da  estrada,  desandei a liña que marcaban as miñas pegadas e camiñei cara a varanda da praia...



Y Adán abrazó a Eva
Y Adán abrazó a Eva
y al estrecharla entre sus brazos
Creyó que abrazaba toda la tierra.
y allí, en medio de los campos,
debajo de las ramas,
en pleno contacto con la tierra se juntaron
sus cuerpos y sus almas,
y Eva sintió que rugían
de placer sus entrañas
cuando Adán afiebrado vertía
en ella el germen de la vida.
¡Oh instante solemne y profundo!
Instante supremo
más grande que todo el universo
¡Oh apertura del amor en el mundo!
 
Vicente Huidrobo
 
Maravillosos versos.
Y todos confluyen en someterse a una memoria del placer del amor.
Los afortunados que han alcanzado la cumbre son los únicos que caminan en la dulce flotación de saciedad que les deja vibrando en silente ronroneo superior al de cualquier gato.
 
con moito pesar este comentario non é meu pero pareceume insuperable.