Se ha producido un error en este gadget.

sábado, 26 de septiembre de 2015

Rapiña

Será quen o mar ao ritmo acompasado da marea de erosionar a máscara dun tempo que renunciou a inocencia e anda á rapiña da dignidade dun mundo que repite as mesmas voltas xogando a pita cega. 

      
Ana López.

martes, 22 de septiembre de 2015

Canción de Chippewas (Estados Unidos) recogida por Ernesto Cardenal en su "Antología de poesía primitiva"

                                    La tormenta


             Desde la otra mitad 
             del cielo
             lo que allí habita
             viene haciendo ruído.
             Ese cielo azul
             cuando le hablo
             me responde.

sábado, 19 de septiembre de 2015

O Patio é un corredor de fondo que esquivou moitos albeares de néboa e orvallo e vai saír adiante!

 Para a fundadora do Patio.

ORVALLO

Non é claro este albear

andan as nubes dando tombos
dunha beira á outra do río
humedecendo o camiño.

O vento ábre carreiros na verde penumbra

Detrás das cumes un tímido sol
non se desprende da néboa
e as árbores reflicten a preguiceira luz
dun outono que regresa paseniño
atravesando a ponte no bico dos pés.

Nos cómaros


as follas van caendo
sobre o orvallo do tempo!
.


   Ana López


O MUNDO NECESITA UN ABRAZO!