Se ha producido un error en este gadget.

lunes, 9 de septiembre de 2013


INSPIRAR E EXPIRAR
 08/09/2013
. E xa se acaba o verán, nótase polo ambiente, pálpase no carácter da xente? Esta semana xa escoitei máis de vinte veces a curiosa frase:  Xa volveron todos.  E ese todos engloba a coñecidos e descoñecidos.

Sempre me gustou a utilización da palabra todos. Recordas cando eras pequeno e desexabas ir a un sitio e non che deixaban? É nese instante cando utilizabas aqueloutra curiosa frase: Pero se van todos??

Supoño que todos formamos parte dese todos? nalgún instante e quizá aqueles todos que ían a tantos os lugares cando eramos pequenos son os mesmos que agora volven.

Pero non é diso do que vos quero falar senón dun pequeno truco para superar esta volta de verán  Trátase de coller aire ,  volvendo ao truco para superar esta semana de volta Recordo que no hospital coñecín unha muller de 80 anos que nestas épocas sempre me dicía que había que inspirar cheiros de verán, todos os que puideses e conservalos. Para poder despois expirarlos no inverno cando as cousas non fosen tan ben.  E deste xeito o recordo e a fragrancia do verán perduraría en ti durante todo o inverno.  Eu créoo ¡Así que inspiremos forte e feliz semana!
A. Espinosa

1 comentario:

  1. Sabes? Eu gardo na caixiña das lembranzas o sol do veran, o bater das olas na praia, o salitre do mar na pel, o azul das mañas...para que me alumean a cor grisalla do inverno.
    E tamen , para min, o outono e a epoca dos rencontros. Volven os amigos, o dourado das tardes,as veces as nostalxias xa vellas... Os ciclos repitesen,,,

    ResponderEliminar