Se ha producido un error en este gadget.

jueves, 12 de septiembre de 2013

Sempre nacerá un día de glicinias...

un anaco de lúa
na cadeira do ceo

no horizonte
catro luces esmorecen

o día espertou
nun leito de glicinias
na marxe invisible
do tempo.


Ana López.

1 comentario:

  1. Que asi sexa Aniña, que sempre haxa un dia de glicinias e un anaco de lua no noso ceo.

    ResponderEliminar