Se ha producido un error en este gadget.

domingo, 9 de febrero de 2014

PASA O TEMPO? PASAMOS NÓS???????

A nai
tróuxome ao mundo
cuberta de lunares.
Chegaches ti e
fúcheste apropiando
pouco a pouco deles.
Eu, fachendosa e namorada
cedíachos todos.

Hoxe, con gafas de cerca e lupa
escúlcaos un a un
por se fosen......
manchas perigosas.
Cada tempo
ten as súas cousas¡¡¡¡¡

1 comentario:

  1. Uuuiiiiii... Notase que as cicloxeneses desta invernia van desmoronando algo mais que os muros e os tellados...
    Creo que fan falla unhas raiolas de sol que amañen certas goteiras...

    ResponderEliminar