Aquela fora a fórmula que liberara
definiti-va-men-te a D. Ramiro do oprobio que toda a vida gardara no seu
subconsciente.
Ramiro, cagueta....., non leva bragueta, Ramiro, cagueta......., non leva bragueta....
Esa musiquiña marcara a infancia, logo gardouno na
mochila.
Fora o fillo do tendeiro, o que lle fiaba a súa
nai a comida para criar os seis fillos e lle daba traballo a seu pai de día, de
noite era sereno.
Fora Danielito, o fillo do tendeiro, quen lla
cantara no adro á saída da cataquese: Ramiro, cagueta ...........
Nin chegar a ser alcalde, casar coa filla
vincoleira do médico do pobo, da que fixo unha señora, nin calzar cuero
italiano, nin vestirse de seda o redimiu da cantinela: Ramiro,
cagueta......,
Redactou case sen respirar aquela inspiración,
pensou, divina:
DISPOÑO, DO MEU PUÑO E LETRA,
QUE O DÍA QUE MORRA, AS MIÑAS CINZAS SEXAN DEPOSITADAS NO MALETEIRO DO MEU
PORCHE VERMELLO E ESTE QUEDE UBICADO NA CÚPULA DA MIÑA EMPRESA CONSTRUCTORA
COMO EXEMPLO DUN HOME QUE SOUBO FACERSE A SI MESMO.
Con isto na man soubo o que era sentir autoestima.
Foi ao despacho do seu fillo o arquitecto e entregoullo fachendoso.
Dise que os homes son menos intuitivos pero ás
veces non é certo:
Don Ramiro finou inopinadamente poucos días
despois.
gema,07-11-11
Este relatiño foi escrito para o cursiño da A.deE. en L. Galega coa consigna de Por que un home quere que as súa cinzas sexan espalladas no maleteiro do seu auto, un porche.