Se ha producido un error en este gadget.

domingo, 15 de septiembre de 2013

A dona das prantas


Poidera parecer que todos os balcóns son semellantes, máis se os miras atentamente descubres que son moi diferentes:
uns teñen frores e outros arañeiras
alguns collen a sombra da mañá e outros da tarde
hai balcós escuros como a noite pecha
e outros brilan como o sol.
O día non levaba reloxio, a nena da man da súa avoa descubriu no balcón de en fronte entre xeranios e ollos de gato a dona de cabelos de prata.
Ela tamén as viu e o balcón...
Non sabemos o que pensaría, a verdade non estaba moi coidado, nin tiña tantas prantas como o seu, inda que a tomateira que prantaran a nena e o pai medrara moito e tiña algún pequeno froito. Quizais a vella mesiña do recuncho non quedaba ben alí, pero tiña o seu uso; sostiña un cinceiro con algunha cabicha da noite anterior. Polo chan sempre había algun xoguete e inda que parecera un espazo baleiro estaba cheo de amor.
A dona dos cabelos de prata deixou de miralas e conceutrouse nas prantas.Unha a unha ía sacándolle as follas secas e limpando e agarimando as novas, despois regábaas.
Quedaron abraiadas!
Era unha fermosisima celebración da Natureza!
Dende ese día as súas horas quedaron marcadas pola dona do balcón: sabian cando había que regar,cando xogar, pasear ou durmir. A dona convertiuse sen sabelo na mellor aliada da avoa para convencer a meniña de que era a hora de deitarse cando
xa non estaba a "dona das prantas"
a rúa quedaba sen nenos que a aledasen
acendíanse as farolas
e unha lúa poderosa, redonda e branca ordenaba a noite
Entón debían deixar de xogar e ir á cama.
Cando pasen os anos, onde queira que estean as duas, esperan que ese balcón e esa "dona das prantas" sexa unha fermosa lembranza que garde o dourado cofre do corazón.

Ana López.

5 comentarios:

  1. Sabes que eu cando viaxo, adoito tirar foto aos balcóns? Hainos moi curiosos: con figuras a tamaño natural, con soles, con toldos de cores, con bicicletas ou varios pares de botas... Creo que teño un semellante ao do teu conto , e se o atopo, voucho regalar...

    ResponderEliminar
  2. Atopeino!
    Se non che gusta, non tes máis que editar e eliminala.

    ResponderEliminar

  3. !GRAZAS; GRAZAS; GRAZAS! MIL VECES GRAZAS.
    Es un sol!

    ResponderEliminar
  4. Un bonito e tenro conto de avoas e netas e flores......

    &&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&

    COMO XA CHE NOTO COMEZÓN DE ESCRIBIR E EU TAMÉN ME PARECÍA QUE CHEGABA O TEMPO CO OUTO, SUPOÑO QUE CONCHI SUPÓN O MESMO....... E ANGELA CANDO VEÑA, A MIÑA PROPOSTA SERÍA DE ESCRIBIR UNHA NARRACIÓN CURTA CADA 15 DÍAS, CREO QUE NINGUÉN SE AGOTARÁ CON ESTES DEBERES.....
    GUSTARÍAMME MOITO QUE VÓS FIXERADES PROPOSTAS PERO COMENZO, VOUNA LANZAR AO PATIO .............................................

    ResponderEliminar
  5. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar