Se ha producido un error en este gadget.

lunes, 23 de septiembre de 2013

Outro outono

camiño
polo remuíño das follas
amontoadas deste outono
á procura de encontrar
o comezo

volvo
da man dos días
que inda lembran

a parte de min
que desapareceu paseniño
mesturada có mofo das paredes
da sala das visitas

para reencontrame
deslízome no silenzo
entre unha perda e a seguinte
esquivando os cristais escachados
do espello

camiño
polas follas amoreadas doutro outono
buscando o anaco que perdín.

Ana López.

Foto:Fernando Barbeyto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario