lunes, 9 de septiembre de 2013

MENCER ( 2)

dende a cama
pendurado da néboa
o día por abrir

no ollo da ventá
a chamada do mencer

contraluz
caendo

polo lombo
dun libro
empapado
de soños

que medra
folla
a folla...


Ana López.

1 comentario:

  1. Medran,folla a folla, os teus versos , alguns, coma estos, cheos de luz...

    ResponderEliminar