Se ha producido un error en este gadget.

sábado, 14 de septiembre de 2013

A RODA

A roda
deste muíño
pescuda nas augas baixas.

A roda
deste muíño
xira por entre cascallos.

A roda
deste muíño
non se atranca nin se esgaza.

A roda
deste muíño
recolle o laio da fame.

A roda
deste muíño
segue a rabuñar o aire.

A roda
deste muíño
non se rinde nin se para.


Ana López.

2 comentarios:

  1. Pois que a roda siga a rodar
    sen cansarse nin parar.........

    ResponderEliminar
  2. Muiñeiros somos na roda da vida...

    ResponderEliminar