domingo, 23 de octubre de 2011


Sobre todo:ONDE OS CORAZÓNS BATAN A REBATO

Patio de recreo será un sitio lúdico, para xogar coas palabras, xogar coa lingua ......., en galego, con noticias, reivindicacións, novas, curiosidades. Que sei eu....
Puidera ser algo así:

A badía, de tan pequena e bonita é un recuncho feito polo mar e as fadas. Sedosos cantos rodados de todos os tamaños e colores, ao fronte o horizonte aberto que se perde no infinito. Catedral da música do mar onde o tempo non transcorre, demórase nas mans do aire que non se move. As altas paredes color azafrán son un fortín inexpugnable para calquera pirata que ouse pisar o colar de pedras redondas. Como único acceso unhas diminutas escaleira escarvadas na terra avermellada, para subir ou baixar só de un en un, feitas á diminuta medida dos pés dos nenos ou das fadas.

Todo está deseñado como para mirar cos dedos e escoitar cos ollos, ese vento que se converte en luz, nun momento, nese intre indeciso entre o sono e a vixía, no que non se sabe se este lugar existe ou só se leva dentro. De existir, precisa un nome que aínda está por escribir.

A NOSA BADÍA