Se ha producido un error en este gadget.

jueves, 12 de septiembre de 2013

MIL FOLIOS BRANCOS ( se coñece que o folio escrito arrincoumo a nordesía)

Merco mil folios brancos
para debuxar neles
quince mil versos
arrincados ao silencio.
Arrincados á caixa das lembranzas
ás esbrancuxadas ondas da memoria
en insomnios estériles.
Arrincados ás nocturnas notas
dun incansable grilo
que canta a súa soedade
a todos os ventos.
Versos de palabras fuxidías
que a penas se deteñen un intre
e voan coma bolboretas
aos brazos do sol.
Quincemil versos
que arrincarei dun corazón
aterecido polo frío da indiferencia
ou ardente de paixón.

gema  

2 comentarios:

  1. !AÍ está o poema!
    !Precioso! o meu escrito era un comentario que prendeu na emoción deste poema.
    !Si, si, botalle a culpa a nordesía...
    A miña neta ten tamen un personaxe para botarlle as culpas, é un caracol moi simpático, xa che contarei.

    ResponderEliminar
  2. Enche esos mil folios de versos que voen como bolboretas para que nunca sexa inverno nos nosos corazons.

    ResponderEliminar