sábado, 14 de septiembre de 2013

POEMA URXENTE

Negros cabalos galopan
e acenden cos cascos
o aire do medo.
O aire que axita bandeiras totalitarias.
Ule a sangue.
Apáganse inocentes miradas negras
baixo os puños aceirados
que tapan bocas famentas.
Pes arrastrándose no po seco
nun deserto de preguntas
que ningún deus responde.

Gema, 14-09-13

2 comentarios:

  1. Os deuses nunca teñen respostas, simplemente, non estan e os que deberian de darnolas permanecen mudos e indiferentes as bocas famentas e aos pes que se arrastran

    ResponderEliminar
  2. Grazas polo poema. Estos versos de Luis Cernuda son reveladores

    " En medio del silencio:todos mudos
    ....................................
    que el temor, sin domarlo, así doblega"

    As respostas son individuais para non vivir
    "sin alegría, libertad ni pensamiento" Estos versos son tamén de Luis Cernuda.

    ResponderEliminar