Se ha producido un error en este gadget.

jueves, 19 de septiembre de 2013

Gustaríame que as mentiras do poder non cegasen a luz do día.

Hai días


hai días
que nacen disecados

a primeira luz
desafía a noite do silencio
abrindo camiño na nebra
das palabras obscenas

hai días
que soterran a esperanza
nesta realidade fermentada
na mentira

hai días orfos
amarrados con forza
ao esqueleto do futuro


Ana López.

No hay comentarios:

Publicar un comentario