viernes, 31 de mayo de 2013

SE ELA SOUBERA .......


   ArribaAbajo   SAN ANTONIO BENDITO
                               
dádeme un home,
anque me mate,
anque me esfole.
 
   Meu santo San Antonio
daime un homiño,
anque o tamaño teña
dun gran de millo.
 
   Daimo, meu santo,
anque os pés teña coxos,
mancos os brazos.
 
   Unha muller sin home...
¡santo bendito!,
e corpiño sin alma,
festa sin trigo,
 
pau viradoiro,
que onda queira que vaia
troncho que troncho.
 
   Mais en tendo un homiño,
¡Virxe do Carme!,
non hai mundo que chegue
para un folgarse;
 
que, zambo ou trenco,
sempre é bo ter un home
para un remedio.......

Rosalía
 

HAIKU

                 O po que queda
               atrapado nos días;
                  pouso do tempo.

                                        Ana López.

jueves, 30 de mayo de 2013

E NA BEIRA DESE MAR, ANA, SOÑAN E ESPERTAN AS BUGUINAS

Dende a ventá

Ó vivir preto do mar, este é o primeiro que ves cando te ergues. O saúdo de cada mañá é unha nova imaxe anticipo da xornada.
Esta foi a de hoxe; calma e sosego.
Ó redor, as ventás ian abríndose pouco a pouco...Dentro, as apaixoantes historias da vida;
cada historia é diferente,
cada vida é singular,
cada día é distinto,
cada mencer un comenzo.


Hai un sosego gris
no abrazo da mañá
e un tempo lento
no mar.

                     Ana López.

miércoles, 29 de mayo de 2013

VELAÍ O COMEZO DA DÚBIDA

Comería a túa alma
coma quen come un ovo
doce
novo
perfecto microcosmos no seu óvalo de nacre.
Pinga d’ouro
mandorla
comería a túa alma sen casca
a túa alma sen culleres
               sen caducidade.
Eterno almorzo da nenez de aldea.
Sen saber e sen querer saber
as nigromancias da tersura
qué escuro demo agocha
nin milagreiro sabor
sen chegar a adiviñar sequera
qué foi antes:
a túa alma
ou a galiña.

Estíbaliz E.
                                               
                           

Sin fronteiras

"todo es turbio, sucio y canalla "
                             Julio Cortázar



rebelarse en todas as linguas

do mar a terra
da terra ao mar
da mar ao aire

ser na vida emigrante

o rabuño dunha gata enfurecida
unha dentada na boca do estómago
o esgazo na noite da dor
un cravo no leito do poder

unha bebedela de xustiza
e unha cantiga de amor.

                            Ana López.

QUE GOLFERÍA ¡¡¡¡¡¡¡

Resulta que cando tododiós, ou case, ten que apertar o cinto ata quedarse sen golletes, van as S. Señorías, sen ningún tipo de pudor e suplementan con non sei cantos miles de millóns as bodegas do Congreso para que os susoditos podan beber a precio irrisorio cubalibres,gingtonics e demáis clase de alcoholes. NO CONGRESO. Á NOSA CONTA. Señorías: que desconsideración e pouca vergonza. Dan noxo.
E os comedores escolares?  ??????? Poño por caso .... Non me estraña .....


lunes, 27 de mayo de 2013

Sólo le pido a Dios

Sólo le pido a Dios
que el dolor no me sea indiferente,
que la reseca muerte no me encuentre
vacío y solo sin haber hecho lo suficiente.

Sólo le pido a Dios
que lo injusto no me sea indiferente,
que no me abofeteen la otra mejilla
despues que una garra me arañó esta suerte.

Sólo le pido a Dios
que la guerra no me sea indiferente
es un monstruo grande y pisa fuerte
toda la pobre inocencia de la gente.

Sólo le pido a Dios
que el engaño no me sea indiferente,
si un traidor puede mas que unos cuantos
que esos cuantos no lo olviden facilmente.

Sólo le pido a Dios
que el futuro no me sea indiferente,
deshauciado está el que tiene que marchar
a vivir una cultura diferente.

                  León Gieco .

É PRECISO CALMA SEGUEN A RECORTAR-NOS

Aire
luz 
silencio
calma 
na mirada da tarde.

                Ana López.
Foto:Fernando Barbeyto.

POEMAPLÁSTICO

CONTRAPUNTO


(Poema editado en 1982, en la Revista DORNA, Nº 9)

EPÍLOGO

Meu derradeiro soño:
morrer é descansar
deste amar, sen áncoras…

Abrazado por fin ao silencio,
entregado á cósmica nada,
onde o mundo é de ninguen,
por fin de todos…

Alma espacial,
sudario de estrelas:
por fin un horizonte limpo…

domingo, 26 de mayo de 2013

DEREITOS DE OUTRAS ESPECIES ......

PROPIEDADE PRIVADA








NÓS PODEMOS ¡¡¡¡¡¡

Ser ASASINADAS,
varias por semana,
por terroristas machistas,
salvaxes sedentos de sangue
con fimose mental
que pensan que somos
propiedade privada.

gema,26-05-13
 
ACEPTANDO
Vienen lilas
aceptamos lilas.
Vienen sueños
aceptamos palabras.
Vienen todos
aceptamos ir.
                           Intentamos dormir 
                           y seguir viviendo.
                                                        Ángeles Cupeiro. (2013).

sábado, 25 de mayo de 2013

XORNADA POLA IGUALDADE

a Dolores.


Hai quen ven ao mundo para limpar as arañeiras que enredan a mirada, que é quen de que voen as cometas molladas, que traballa arreo para abrir camiños diferentes aos que son diferentes
có corazón e a palabra
coa música e coa danza.

Grazas.

                        Ana López.

.



            

POEMA GRÁFICO

viernes, 24 de mayo de 2013

A redeira

Cando ela morreu
apareceron versos en cada recuncho da casa;
na cociña, no aseo e no salón,
no medio dos libros, nos pregues dos manteis,
nos caixóns da cómoda, na caixa da costura,
entre as bolsas das medias, nos pixamas,
nos botes de conservas, na cesta da froita,
na xarra do viño e na aceiteira,
envoltos no pano de pranchar,
entre a barra de labios e a sombra de ollos,
na cabeceira e aos pés da cama
deitados no colchón
e no corazón.

                    Ana López.

FLAMANTE PREMIO PRINCIPE DE ASTURIAS



ANNIE LEIBOVITZ

jueves, 23 de mayo de 2013

!SEMPRE O AMOR!



Ama o amor cando fala
e cando cala
ama.

         Ana López.

" NON CHEGA CON AMAR,
TAMÉN HAI QUE DICILO"











O QUE FALTABA !

A voz da infamia
golpeando os ouvidos,
esa mirada soberbia
que non ve a realidade,
o lume da carraxe,
a face enfurecida.
Era o que nos faltaba
unha liorta de canallas
para afundirnos o día !

                   Ana López.

REFORMAS

Ando a reformar a casa,
cambiei a orientación.

Abrín a porta ao mencer
e as ventás ao mediodía.

Colguei nas paredes
os anacos de luz
que caeran do sol.

Puxen na punteira do lapis
as horas pausados do tempo.

Botei as sombras do outro lado da porta.

Camiño con zapatos de estrea
pola mañá demorada.

                            Ana López.

miércoles, 22 de mayo de 2013

POR EXPERIENCIA PROPIA

Foto: "Adquirir el hábito de la lectura y rodearnos de buenos libros es construirnos un refugio moral que nos protege de casi todas las miserias de la vida." 

(W. Somerset Maugham)

MUTACIÓNS


A min, últimamente, sobrepásame a velocidade coa que se produce todos os acontecementos. As novas superpóñense en capas cada vez máis densas. ( Sen contar as políticas e as de fraudes porque esas decidín prescindir delas xa fai un tempo. Dislocábanme as neuronas). Por esta mesma razón unha das novas que me afecta directamente é a de ir montar unha colonia humana a Marte.
Os que sabedes de min, sabedes da miña teima de desterrarme, que quere dicir irme do planeta porque non me gusta nadiña este mundo que entre todos montamos.
Logo ven o das célula madre e os bebés de laboratorio. Esta non me sorprendeu tanto porque xa fai uns 40 anos que Aldus Huxley o aventurara entre outras cousas que se foron cumprindo.
Preocúpame bastante a outra aventura de que se puideran clonar homínidos.Non quero pensar o que puideran facer con eles..... se cos humanos se fai o que sabemos .......
Pero a última, ultimísima, escoiteina esta mañá no radio: Tres jovenes asturianas tuvieron que ser atendidas en tal.....hospital bajo los efectos del alcohol, dos permanecen en coma etílico......
Isto en si tampouco ven a supor ningunha novidade, xa sabemos...
O novedoso e chusco do caso ven a ser o modus operandi: introduciron nas súas vaxinas (que ardor) tampóns ( non especificaron a marca), digo, tampóns enchoupados en alcohol. Manda carallo ......
Para isto si que xa non teño capacidade de análise, pilloume por sorpresa, pode ser cousa dos anos.
Ou mutación funcional dos órganos, se non serven para parir con dor...... Tamén puidera ser que como non hai pan que levar á boca ...

gema, 22-05-13

martes, 21 de mayo de 2013

UN "CHORRIÑO" DE HUMOR PARA ALEGRAR O DIA, NUNCA VÉN MAL, COS MEUS MELLORES DESEXOS.
UN SAÚDO

A nai superiora irlandesa de 98 anos, estaba no seu leito de morte.
As monxiñas rodeábana, intentando facer cómoda a súa última viaxe.
Trataron de darlle leite quentiño, pero non o quixo.
Unha monxiña levouse á cociña o vaso de leite, recordou unha botella
de wisky irlandés que lles regalaran por Nadal e lle puxo un
bo tanganazo ao leite.
Volveu ao leito da superiora e achegoulle o vaso á boca.
A superiora bebeu un sorbiño, logo outro e antes de que se desen
conta, rematárono ata a última gota.
As monxiñas dixéronlle:

"Nai, danos unha última palabra de sabedoría antes de morrer".
Sen apenas forzas, incorporouse un pouco e díxolles:

"Non" vendades "esa vaca"

PARA OBSERVAR

FOTOGALERÍA FOTOGALERÍA
Un visitante observa 'El gran masturbador' de Dalí en el Centro Pompidou. / FRANCOIS 

O PORTUGUES NUNO JÚDICE GAÑA O PREMIO REINA SOFÍA



O Amor Eterno E agora que as mãos da incrédula
rapariga te empurram para a saída,
onde irá chover, de acordo com
a cor do céu, não resistas. Na rua,
onde os ventos se cruzam na esquina,
os que sopram, do norte, de colinas
manchadas pelo inverno, e os que
nascem do rio, trazendo a impressão
húmida do litoral, acende um cigarro,
para que o calor do lume te reconforte
as mãos, avança pelo passeio, enquanto
o frio te deixar, e ouve o canto da água
por baixo de terra: correntes
no limite entre o gelo
e o fogo, uma evaporação de humores,
como se as almas lutassem em busca de
saída, e, no fumo de uma memória
de mesa antiga, tu e essa que amaste,
trocando as frases matinais do re-
encontro. Vidros embaciados pelas
lágrimas da ruptura, perguntas sem
resposta, a casa de luzes
apagadas, como se estivesse vazia - e como
se não soubesses que os destinos se decidem
por cima de nós, onde em cada instante
um deus cansado nos desfaz as inúteis
promessas de eternidade.

Nuno Júdice, in "A Fonte da Vida"

tivemos o pracer de coñecelo no Ágora fai pouco

lunes, 20 de mayo de 2013


¿Qué quieren esos hombres?.
Quieren
Que la sangre del mundo se mueva sólo en diástole
Y vivir con un ojo nada más.

Quieren
Que el péndulo en su curva
Se pare siempre a la mitad
Y oscile sólo a la derecha.
Porque tiene mareas, quieren asesinar al mar.

Quieren
Que los relojes de la casa
Funcionen sin tic-tac.

Quieren
Que sólo se oiga el tic,
Siempre el tic,
Y que no se oiga el tac.

León Felipe.

domingo, 19 de mayo de 2013

VAI DE MOUCHOS AGORA QUE É DE NOITE

Eu  ben vin estar o moucho
derriba daquel penedo.
Non che teño medo moucho,
moucho, non che teño medo ......

A CURUXA É UN PAXARO ASILVESTRADO, NON CANTA TAN BONITO COMO OUTROS PAXAROS PERO SABE COUSAS...

                               A CURUXA
    

          O seu voo
         érguese na noite curto e silandeiro
          o canto un berro extraviado.

          Leva no peito o silbo da serpente
          se lle levan as cría ou se ve ameazada.

          Fai o niño no húmido e aberto,
          sorbe o aceite das igresias,
          come as ratas, insectos, e bechos grandes
          que devoran as almas.

          No penacho un agoiro de perigros e desgrazas.

          De nova xogou coas bolboretas
          por iso sabe voar coas ás desequilibradas.

                                 Ana López.

      O O

Nesas andamos...

Viñeta de Santy Gutiérrez publicada no xornal O Progreso

GAIOLAS

Soa no ar o canto
livián e feiticeiro
de moito paxariño engaiolado
que me lembran tanto
aquel "paxaro azul" encadeado!

                           Ana López.

viernes, 17 de mayo de 2013

17 DE MAIO DE 1913


  • Falade gallego. Eduardo Pondal

    Posted: Sat, 05 Mar 2011 11:49:00 +0000
    Miniñas da Cruña,
    d' amabre despejo,
    de falas graciosas
    e pasos ligeiros,
    deixá de Castilla           
    os duros acentos:
    falade, miniñas,
    falade gallego.

    Cand’ é que vos ouzo,
    a patria esquecendo,
    falar esas duras
    palabras de ferro,
    non sei o que sufro,                        
    non sei o que peno:                        
    falade, miniñas,
    falade gallego.

    Mas cando falades
    nos patrios acentos,
    envoltos no voso
    angélico alento,
    parece que escuito
    un canto do ceo:
    falade, miniñas,
    falade gallego.

" MIL PRIMAVERAS MÁIS "




Deitado frente ao mar... Celso Emilio Ferreiro



 

Lingoa proletaria do meu pobo
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa nan saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.

Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruís e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño...






jueves, 16 de mayo de 2013

AUTOR RECOÑECIBLE

17 DE MAIO-DÍA DAS LETRAS GALEGAS. A LINGUA "SÁBEO TODO "

Este ano adícase a Roberto Vidal Bolaño (Santiago 1950-2002) . Deixou unha excelente obra dramática e un compromiso humano e vital inesquecible.
Este parágrafo corresponde a "El territorio del riesgo" a traducción é miña espero que non estragase o senso do texto.

"...para min a literatura transpasa o espazo da páxina chea de letras e frases e instálase no territorio do risco, eu diría do risco permanente. A literatura instálase no territorio das colisións e os desastres, en aquelo que Pascal chamaba, si mal non recordo,a paréntese que é a existencia de cada individuo, rodeado de nada antes do principio e despois do final "
Flores de maio
nevando nos mazairos
pra que un quede inda máis quedo
que ollándovos no alto.

             Uxío Novoneyra (Os Eidos)

SAÍNDO DA NAI

A CLONACIÓN HUMANA XA É UNHA REALIDADE.


Foto: "Saindo de nai". Outra pintura debuxada este mesmo ano.



  1.  

debuxo de X. Marín





miércoles, 15 de mayo de 2013


SOBRE A FELICIDADE - Eduardo Galeano.

Convencémonos a nós mesmos de que a vida será mellor logo de casarnos, logo de ter un fillo e entón logo de ter outro. Entón sentímonos frustrados porque os fillos non son o suficientemente grandes e que seremos máis felices cando o sexan. Logo diso frustrámonos porque son adolescentes (difíciles de tratar). Ciertamente seremos...

SEMPRE GARDA O PERFUME A MAN QUE DÁ ROSAS

15-M

"La juventud tiene agarrada la laya. !Que nadie se la arrebate!"  

                                                                René Char


                                            Labirinto

                              ...e si este labirinto
                              de espazos dentados
                              vidas afogadas
                              rostros derrotados
                              inocencias esmagadas
                              aire sen alento
                              auga encorada
                              nos levara a ningures;
                              a que porta chamaría a esperanza?

                                                          Ana López.




martes, 14 de mayo de 2013

GRAZAS POLA AXUDA: VELAÍ

?SERES HUMANOS?, independientemente do sexo.

HUMANIDADE
- Por cada muller forte cansa de aparentar debilidade, hai un home débil canso de parecer forte.
- Por cada muller cansa de ter que actuar como unha boba, hai un home angustiado por ter que aparentar sabelo todo.
- Por cada muller cansa de ser cualificada como ?femia emocional?, hai un home a quen se lle negou o dereito a chorar e ser ?delicado?. 
- Por cada muller catalogada como pouco feminina cando compite, hai un home obrigado a competir para que non se dubide do seu masculinidad.
- Por cada muller cansa de ser obxecto sexual, hai un home preocupado pola súa potencia sexual.
- Por cada muller que non ha ter acceso a un traballo ou a un salario satisfactorio, hai un home que debe asumir a responsabilidade económica doutro ser humano.
- Por cada muller que descoñece os mecanismos do automóbil, hai un home que non aprendeu os segredos da arte de cociñar.
- Por cada muller que dá un paso cara á súa propia liberación, hai un home que redescubre o camiño cara á súa liberdade.
A humanidade posúe dúas ás: unha é a muller, a outra o home.
Ata que as dúas ás non estean igualmente desenvolvidas, A HUMANIDADE NON PODRA VOAR.
B.BOUTROS GHALI

PRECISO AXUDA , CONFESIÓN E ABSOLUCIÓN .....

Desde o nacemento este blog ten alma galega e lingua GALEGA. Confeso que á hora de buscar algo que por nel, que non sexa propio, é moi peado para algunas ( agás para Ana, parabéns ) atopar material, e síntome traidora aos principios,
Pelexo por atopar una maneira de traducir, que supoño existe, pero as miñas artes informáticas son tan escasa que no dou.
ALGUÉN ME AXUDARIA?
Grazas. gema.


"Mitiline" por Miguel Ramírez Macías 


– “¡Al fin solas!” 

– “¡Al fin solas!”, dijo ella también a su simétrica manera. Y sin más preámbulo comenzó a desnudarse cálida y serenamente, disfrutando cada movimiento previo a aquel acercamiento en que, con inmenso placer, accedió a acariciar lenta, muy lentamente, su imagen en el espejo. 

Picasso

Máis dunha non aprendimos inda a xogar ben a "rayuela " .


                                Rayuela


           cada quen xoga como pode
           gardando o equilibrio
           con un dos pés no chan
           e outro polo aire

           para chegar ao oito
           hai que ser excelente
           saber saltar moi ben
           e non perder a pedra

           cando chegas ao sete
           e xa palpas o ceo
           algo te empurra fóra
           e vas caer no inferno

           non sei quen me pintou
           os cadros tan pequenos
           nin porque me deron
           este croio tan duro

           alguén xoga con trampas
           e fai grandes os cadros
           troca seguido as marcas
           e non carga con nada

           eu levo dende nena
           practicando este xogo
           e inda non aprendín
           a xogar á "rayuela"
  
                                     Ana López.

MÁNDOVOS A FOTO QUE FIXEMOS ONTE

SE VES QUE NON VES, LIMPA AS GAFAS.
sobre idea de Xaquín M.




lunes, 13 de mayo de 2013

CORRELINGUA

Hoxe corre a lingua
nos pés do futuro.

                        Ana López.

OUTRA VIÑEA DE XAQUIN MARIN






DIÁSPORA

Non quero ser a nena que medrou

e tivo que marchar
a que só fala a lingua dos xigantes
e non pode lembrar do seu país
nada máis que a uralita,
o cheiro esmagador dos eucaliptos
e aquel último barco que afundiu,

a que xa non ten casa
á que volver,
e percorre os países estranxeiros
ollando as marabillas
coma quen mira ao exército que llo arrebatou todo,

a que nunca máis amará
viaxar,
porque só lle restan ruínas
das que partir.
Sen nome de autora na Voz de galicia

Espertastes? Non vos vou cantar "una mañanita" como o rei David pero vouvos facer compaña con un instante. Bo día miñas donas

Instante
un salto no vacio

o corazón
nos brazos do aire

raiz
a flor de terra

sentimento
no pédulo do abismo

un latexo horizontal
para abrazarte.

                         Ana López.

domingo, 12 de mayo de 2013

OFICIO

Que a poesía non chegue a ser xamáis un "oficio"

"que para enterrar a los muertos
cualquiera vale, cualquiera
menos los sepultureros"

                       León Felipe.


Cando non cheguen as palabras
que o oficio non sexa unha saída.

Terra adentro no silenzo
!cala!

             Ana López.

FILÓSOFO DA MIÑA QUERENCIA

....Y volviendo a ese puesto donde regalaban libros desconocidos. Lo que pasó fue que un hombre compró uno, marchó con su sobre y a los 27 minutos volvió… Estaba enfadado, enseñó su libro, estaba cortado en dos, faltaba la otra mitad. No entendía el porqué, la vendedora le miró y le contestó: “Porque has de encontrar a la persona que tiene la otra parte, con ella deberás leerlo porque lo será todo para ti…” El ya no replicó nada más, marchó con su libro partido y su sonrisa de oreja a oreja … ¡Feliz domingo!





sábado, 11 de mayo de 2013

ARTE CONTEMPORÁNEA PARA O DESCANSO google

MAIO-68

...nestas estabamos
cando chegou o maio
a transformar o mundo

inda chovía fóra

liberouse o amor
e o corazón acompasou
o voo das estrelas.

                  Ana López.

Influencias perniciosas...

gallardonvin

Viñeta de Alfons López  no xornal dixital Público

LA AUTORIDAD


En épocas remotas, las mujeres se sentaban en la proa de la canoa y los hombres en la popa. Eran las mujeres quienes cazaban y pescaban. Ellas salían de las aldeas y volvían cuando podían o querían. Los hombres montaban las chozas, preparaban la comida, mantenían encendidas las fogatas contra el frío, cuidaban a los hijos y curtían las pieles de abrigo.
Así era la vida entre los indios onas y los yaganes, en la Tierra del Fuego, hasta que un día los hombres mataron a todas las mujeres y se pusieron las máscaras que las mujeres habían inventado para darles terror.
Solamente las niñas recién nacidas se salvaron del exterminio. Mientras ellas crecían, los asesinos les decían y les repetían que servir a los hombres era su destino. Ellas lo creyeron. También lo creyeron sus hijas y las hijas de sus hijas.
          E. Galeano

OS BRANCOS TÓMANLLES FOTOS "GRACIOSAS" AOS NEGROS, PARA VENDELAS.

viernes, 10 de mayo de 2013

VAI DE CANTIGAS

Esta cantiga sempre me pareceu moi cruel. Oíalla cantar a miña sogra cos netos no colo e eu subíame polas paredes:

ESTE NENIÑO
QUE TEÑO NO COLO
É DUN AMOR
QUE SE CHAMA MANOLO

DEUS QUE MO DEU
QUE MO LEVE LOGO
POR NON ANDAR
CO NENIÑO NO COLO.

Cantiga de berce

Este neno pequeniño
tenche ganas de durmir
ten un olliño pechado
e outro non o pode abrir.

          
Esta cantiga de berce , cantábanola meu pai, Xusto. Moitos anos despois recupereina para Xana.

INVITACIÓN AO DESCANSO


jueves, 9 de mayo de 2013

Os días


"Colecciono días de espuma..."


Falamos tanto do futuro que esquecemos o presente. A vida é o que pasa mentres ti pasas. As previsións económicas, os plans estruturais a longo prazo, os proxectos, son menos importantes que os días. Eu colecciono días de tango e nubes con sol. Teño días onde escribo poemas e outros nos que son os poemas os que me escriben a min, paseándome entre as ruínas dunha noite, un gato, a pedra vella do meu Verín esculpido con pentagramas de fronteira e frío. Teño días de azul, outros en rosa, e algúns días grises que non quero escribir por non traizoar a quen le esta columna. Os días veñen e van, acaban e recomezan con ilusións renovadas. Hai días enfermos, pero sobre eles debemos levantar a voz da esperanza. Eses días de púas, sabes, en que só pides un quérote e caen por riba de ti mil silencios. Colecciono días de espuma, cando saía o sol e aplaudía como se fose un milagre. O ser humano é un milagre constante. O latexar do corazón, sístole e diástole exactas. Vives, non permitas que rouben os días. Son teus. Podes dixerilos con gume de tristeza ou, en cambio, facer deles un concerto de grilos canarios xílgaros barítonos. Abrázate aos días, agora que crecen. Respira. Abre a boca, pero abre tamén o corazón. Que non te arruínen os que falen en clave de do (de dor, quero dicir). Que non pisen as túas ilusións. Pecha os ollos agora. Agora mesmo, ao rematar esta columna como cada xoves. Pensa nela, nel. En todos os bicos dados, pero tamén en todos os que quedan por dar. Se cres que as cousas poden ir a mellor, estás no lugar exacto: este recanto de periódico. Veñen días felices. Verás. Verás. Verás.

Artigo de Xosé Carlos Caneiro publicado na Voz de Galicia                                                   (Foto propia)
MUCHAS COSAS PASARON

Muchas cosas pasaron
mientras giraba la Tierra alrededor
del dedo de Dios.
Las cuerdas se liberaron
de los cables de conducción eléctrica
y ahora unen amores.
Las gotas del océano
se acumularon impacientes
en las paredes de las cuevas.
Las flores se separaron
de los minerales y anduvieron
tras el olor.
Del bolsillo trasero salieron volando
papelitos por nuestro cuarto transparente:
cosas insignificantes que nunca
haríamos si
no estuvieran escritas.
Nicola madzirov

(Poeta macedonio que coñecemos no Agora)

Nova e libre versión da famosa "vaquera de la Finojosa" coa venia do marqués .

Moza máis fermosa
non vin na ribeira
como unha pastora
desta terra nosa.

!Máis fermosa era
que as rosas que nacen
pola primavera!

Na verde campeira
cheiña de flores
o gando coidaba
con outros pastores.

!Que xeitosa era
aquela vaqueira!

Ata ela chegou
no seu alazán
un gran cabaleiro
de capa e sombreiro.

Ó velo chegar
díxolle mimosa:
-xa te vexo vir
o que me demandas
gardeino para ti.


(A cara que se lle quedou o pastorciño que a amaba merece outro romance)

Ana López.
Y los hombres se explicarán unos a otros historias inéditas que siempre serán las mismas.
Marcel Mauss.


miércoles, 8 de mayo de 2013

FACES

Qué luz ou contraluz
qué sombra ou que fulgor
ocupan o silencio?

Quen debuxa o sorriso dun anxo
nos beizos de lume do demo?

Onde se xuntan os anacos
da ledicia e do sufrimento?

En qué tempo e espazo
se mostran as faces que temos?


                              Ana López.
Horses


No me preocupa el grito de los violentos, de los corruptos, de los deshonestos, de los sin ética.
Lo que más me preocupa es el silencio de los buenos.
Martin Luther King

Versión enxebre de "La vaquera de la Finojosa"

Estaba eu cantando e brincando no verde prado. As vacas pacían, e adicábame a trenzar xuncos e frores para facer unha diadema .Despoís poñiaa no pelo e camiñaba por aquel prado en costa como por un salón real. De cando en vez algunha vaca  deixaba de comer para mirarme. Sabe Deus, o que pensaría!. Algún !muuu! mostrábame a súa desaprovación.
Cando mas entretida estaba chegou un cabaleiro. Un cabaleiro de verdade "de capa y sombrero", montado nun alazán. Bueno, digo eu que sería alazán porque así son os cabalos dos romances.
Tiña ganas de falar, pero non se lle entendía ben o que dicía. Falaba de rosas e de primaveras e da miña fermosura !Vaia, debía ser un pouco cegato!
De súpeto "bajó del caballo y vino hacia mi" coma na copla. A aquelo non lle encontrei  sentido ningún, pareceume que non habia razón para interrumpir a viaxe, con un "bo día" estaba máis que cumprido. Así que lle dixen que seguira o seu camiño, que non tiña ganas de lerias. Pero el dalle que te dalle con aquelo de "moza tan fermosa non vi..."
Entón si que lle vin as intencións!. Dixenlle que se fose, que o cabalo estaba asustando as vacas; pareceume unha fina indirecta. Pero nada, erre que erre có da vaquera aquela que debera coñecer na festa da Finojosa.
Nestes casos hai que ser resolutiva: se non tes unha aguillada, ou unha pedra, unha boa couce nos c...!
Nesas estaba cando espertei. Cós puños pechados e chea de carraxe. Tiña ao meu carón o libro que estaba lendo que falaba da vaquera da Finojosa.
!Miña pobre! espero que o cabaleiro non fose como o do soño
nin a vaqueira tampouco!

                                        Ana López.

martes, 7 de mayo de 2013







-Mil palabras en la punta del lápiz-

Diez, cien, mil, un millón, un billón, un infinito número de palabras se agolpan en la punta de mi lápiz empujadas por la premura de escribir una historia.
Dejar que las palabras vaguen por el texto sin tener nada que decir es tan fácil. La libertad que da el no tener nada importante que narrar expande la mente y la deja abierta a todo.
Pero no puedes sustraerte a la vanidad de creer que puedes escribir un relato contundente. Y luchas para que la víscera fluya desde el corazón y deje una huella impresa que seguro los lectores consideraran buena. Y ahí está el error, se acabó el escribir para divertirte, para disfrutar de las palabras mientras se unen y forman preciosas frases sin sentido. Ahora quieres ser un autor que todos lean y exclamen qué bueno es. La vanidad te pierde. Sin necesitarlas, surgen las dudas ¿pero seré un escritor realmente bueno? ¿gustará lo que escribo? Y tras darle muchas vueltas decides que hay un libro dentro de ti a la espera de ser extraído y te dispones a escribir de verdad.
Christopher Wilson
Christopher Wilson
Pero entonces un idea escondida en una maldita palabra se atranca, se queda atorada y toda la buena intención se diluye como el humo de la olla que no alcanza para elevar la tapa.
Y vuelves a la realidad de que no eres más que un simple colocador de palabras una al lado de la otra. Y olvidas la maldita idea, el pensamiento de escribir algo grande. Y derrotado, miras unas fotos de Christopher Wilson y lees una historia entre las arenas de un blanco desierto y escribes un precioso relato, por el que asoma una idea y que nadie más que tú, probablemente nunca va a leer.
google.

lunes, 6 de mayo de 2013

CABALOS NEGROS


Negro salvaxe na noite,
gallopan cabalos sobre as sombras
petando cos cascos no zinc
dos estómagos.
Estertores de fame adherida
ao ADN das células,
pegadas que os deuse deixaron de herencia
no seu labor alfareiro,
coma noutros quedaron as da fortuna.

Tranquilos ......¡¡¡¡¡¡¡
Só pasa que a fame
pare monstros,
que o sabemos.

Gema, 06-05-13

COMO NON ATOPO AS PALABRAS PRECISAS, BUSCO IMAXES QUE O DIGAN MELLOR