lunes, 6 de octubre de 2014

Lectura na Libraría Follas Novas



Cartel anunciador do acto literario que se celebrou na Libraría Follas Novas de Santiago o pasado xoves, día 2, no que Concha Parga leu relatos do seu libro "Viaxe en círculo" editado por Galebook. O cartel está realizado sobre unha pintura de Ángela Fernández.


Dous momentos do coloquio que tivo lugar despois da lectura, na que tamén participou a autora Miryam Chepsy co seu libro "Mundos imaginados" de Araña Editorial.