jueves, 4 de diciembre de 2014

lunes, 1 de diciembre de 2014

RETORNO



Non sei por que raro pudor non expliquei antes aquí a miña desaparición. Simplemente puxen como metáfora unha imaxe.
Hoxe porque me fai ben dasafogarme , quero contar o por que:

Os meus ollos comezaron a doer dun xeito descoñecido ao querer escribir ou ler. Fun a un par de oculistas que non atopaban ninguna razón. Eu dicíalles que tiña fibromialgia e respondíanme que iso non tiña que ver.
Acabo de estar en Oviedo onde teñen un oftalmólogo especializado en enfermedades raras......
que afecten ao dolor de ollos e velaí. Aquí estou eu, con certa esperanza,  non de curación, senón de remedio.
Digo isto por se algún afectad@ o le, que sepa que lle poden axudar.
Virei ao noso patio segundo vaia podendo para atoparme coas miñas amigas.

lunes, 6 de octubre de 2014

Lectura na Libraría Follas Novas



Cartel anunciador do acto literario que se celebrou na Libraría Follas Novas de Santiago o pasado xoves, día 2, no que Concha Parga leu relatos do seu libro "Viaxe en círculo" editado por Galebook. O cartel está realizado sobre unha pintura de Ángela Fernández.


Dous momentos do coloquio que tivo lugar despois da lectura, na que tamén participou a autora Miryam Chepsy co seu libro "Mundos imaginados" de Araña Editorial.

martes, 23 de septiembre de 2014

BO OUTONO



Esparce octubre, al blando movimiento del sur, las hojas áureas y las rojas, y, en la caída clara de sus hojas, se lleva al infinito el pensamiento.
Qué noble paz en este alejamiento de todo; oh prado bello que deshojas tus flores; oh agua fría ya, que mojas con tu cristal estremecido el viento!
¡Encantamiento de oro! Cárcel pura, en que el cuerpo, hecho alma, se enternece, echado en el verdor de una colina!
En una decadencia de hermosura, la vida se desnuda, y resplandece la excelsitud de su verdad divina.

(Autor: Juan Ramon Jimenez)

miércoles, 17 de septiembre de 2014

REMATE DA FAENA DE ANA



Logo de unha terse feito co xornal, aparta o café para unha esquina como restándolle importancia,
pon a prensa encol da mesa e alísaa paseniño, como se fai coas cousas moi desexadas e no fondo, moi no fondo sen case darse unha conta, para acrecentar o desexo dos outros posibles pretendentes.
Bébe un groliño do casefríocafé, bótase unha ollada de autoafirmación arredor e quítase a chaqueta, coma unha atleta que acaba de gañar o pódium da  contracarreira.
Tira do bolso as gafas de ler, dálle a volta á presa, é como unha distinción persoal comenzar a lelo por detrás. Detense unha nas esquelas por se finou algún coñecido-a, ou ver os anos que tiña por facer comparacións das que se pode saír algo aprensiva aínda que o da morte é unha obviedade tal que ..... bueno, que máis dá.
Aos anuncios por palabras pódese botarlle un bo cacho porque aínda que non desexes mercar nada
o morbo das ofertas e demandas en cousa de sexo é excitante e ilustrativo: casada que busca joven discreto y de buena apariencia...universitaria caliente y discreta que se ofrece exclusivamente a señores casados ( dispone de TPV),estranjera de redondas caderas, pechos abundantes y técnicas
tántricas......
E unha pensa..... un cacho coa meixela apoiada na man e bebe o derradeiro grolo ......

Os pasatempos son iso, un bo pasatempo. Sudoku ( se é peado xa non o intentas porque logo o seguinte descubre a ignorancia dunha, o encrucillado en galego si porqe é case ofensivamente doado, as diferenzas que sempre falta unha, sempre......
Cando se sobrepasa  a hora do mediodía, que se supón que unha debía estar na casa preparando a comida e iso, achégase un maduro e excitante navegador de pelo branco, pantalón branco, dentadura branca, dourada pel e diche cun sorriso o moi cabrón: Señora, ya terminó con la prensa, verdad?

Si, si, ya me marchaba e aínda que non che apeteza, colles a chaqueta e vaste....

sábado, 6 de septiembre de 2014

ESPERANZA



Os meus ollos cansaron quizabes
de ver pasar tantas horas.
Quizabes
de veren tanta desgracia xunta.

Pero acudirei, paseniño ao noso PATIO.

miércoles, 27 de agosto de 2014

BALEIRO


    - Fáltame algo.  
    -  O que mamá?
Era a primeira vez que o pronunciaba en alto. Mellor dito, que se me escapaba cun salaio, diante de alguén que non fose el, o meu marido.
El non preguntaba. Sinxelamente creo que non me oía ou era coma quen oe chover.
Tanto tempo dicindo cousas que xa non se escoita, todo é sabido e rutineiro.....

- Pensei que dicías que che faltaba algo. Só faltaría, digo eu, vamos...... A estas alturas cando todo o tés resolto: os fillos criados, empregados, fóra da casa. Porque hoxe coa que cae non te vaias crer.

Agradecida debías estar por non nos ter que soportar a nós e aos nenos. Outras non poden dicir o mesmo.....

- Non, non, non quixen...
- Claro que non, eu xa me supuña aínda que a diferencia de xeracións , dígoche eu, que sempre é un atranco para entendérense os pais e os fillos. Vós cos anos volvédesvos máis egoistas, máis susceptibles, máis tiquis-miquis, non sei como dicircho.
- Xa ….
- Eu como son consciente disto xa, desque naceu a nena estoume preparando para non quedarme obsoleta como nai. Quero entendelos abertamente, de igual a igual.
- Xa.
- Iso de ter respeto aos pais só por selo, por seren maiores ….. Unha pamplina. O que pasa é que vos parece que o sabedes todo...
- Si.....
- Voume, ou axúdoche a recoller os pratos?
-Non, non, que va ¡¡¡¡¡¡¡¡¡

SINTO QUE ME FALTA ALGO.

 gema



sábado, 16 de agosto de 2014

SAN ROQUE - VIVEIRO



Noite de troula onde as haxa. Subida ao monte a pé, con todo que se queira ....
Cousa que unha nunca puido disfrutar porque: que vai facer ao monte, ao monte,xa a mesma palabra o di. Una moza, quen sabe con quen, como.......¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

viernes, 15 de agosto de 2014

ARDE A NOITE



Sobre a medianoite o ceo , reflexado no mar, compuxo una imaxe máxica. Colores. círculos, choiva de bágoas ...... iluminaron e ecoaron por toda cidade. Acenderon lembranzas, promesas, desexos, esperanzas e quen sabe ...... que en quen. Foi fermoso, sen máis.

miércoles, 13 de agosto de 2014

XA POUCA PALESTINA QUEDA

El respaldo de Estados Unidos a Israel no se limita sólo al campo diplomático, juega un papel muy importante en el genocidio de palestinos 
En julio, después de que se iniciara la ofensiva militar contra Gaza, el Senado de Estados Unidos aprobó la transferencia de 621.6 millones de dólares para el sistema israelí de misiles.
La vieja Europa, tan capaz de belleza y de perversidad, derrama alguna que otra lágrima mientras secretamente celebra esta jugada maestra. Porque la cacería de judíos fue siempre una costumbre europea, pero desde hace medio siglo esa deuda histórica está siendo cobrada a los palestinos, que también son semitas y que nunca fueron, ni son, antisemitas. Ellos están pagando, en sangre contante y sonante, una cuenta ajena.
 
 

O NOSO AMIGO MOU DI QUE " La Poesía Si Puede Cambiar El Mundo" PODEMOS????


Sinatura de Alberto Mouriño Mou na Feira do Libro de Coruña. En Aenea tamén pensamos que: La Poesia Si Puede Cambiar El Mundo L

jueves, 7 de agosto de 2014

martes, 5 de agosto de 2014

DE VIAXE

Chimeneas de nieve en el Monte Erebus, Antártida: El volcán activo más meridional en la tierra

Fenómenos naturales (29)

domingo, 3 de agosto de 2014

DE VIAXE



Atardecer en agosto. "Los atardeceres más hermosos están plagados de nubes, las historias más bonitas tienen episodios con lágrimas..." David Siles Barrera

miércoles, 30 de julio de 2014

martes, 22 de julio de 2014

Noite


   
                                                Cae a noite sobre a cidade
                                                durmen as barcas sobre o asfalto.
                                                A miña pel sobre a almofada
                                                arde nun incendio de labios espidos
                                                que copulan con gadañas de soidades.
                                                         
                                                                                                                   (Foto propia)                                                                                                                                 

martes, 15 de julio de 2014

DE VIAXE

DE VIAXE É UN CONVITE SUBLIMINAL A FACER PERCORRIDOS VIRTUAIS NESTE TEMPO DE VERÁN QE PARA ALGÚNS É DE QUITUDE. AO CONVITE ESTÁN TODOS CONVIDADOS¡¡¡¡¡¡¡¡¡


Incrible barrio de Rio.


 Una increíble vista panorámica de las favelas ubicadas en el Cerro Corá en Río de Janeiro.