miércoles, 31 de octubre de 2012

ANIMACIÓN Á ESCRITURA ---- COMO MEVOLVÍN ¡¡¡¡


    Adormezo tarde. Non sempre me ergo ... Levo unha vida barata, non chego ao 0`001 % do meu nivel de satisfación, outro 90% ocúpao a xenreira acumulada contra o mundo por non ofrecerme as posibilidades que me corresponderían alícuotamente nun reparto universal.
É certo que a beleza non foi escasa comigo, nin a intelixencia ... pero tamén hai que ser suertuda.
Os meus pais non me regateaban nada para que estudiase onde quixese e o que quixese. Matriculeime na universidade. Pero eu, tan inexperta rapaza de vila pequena, cheguei á gran cidade e as luces de neón seducíronme, descubrin roteiros que ignoraba, sabores, praceres e estados que
se non saíse daquela pequena vila nunca coñecería.
Nin tempo tiven de estrear a facultade. . Coñecín xente tan guapa, tan divertida e alternativa que me convenceron de contado que coa miña figura a carreira xa a tiña feita. Debía publicitarme, buscar un manager e darme a coñecer, o resto viña rodado.
E veu rodado, vaia se veu.
No mesmo círculo de novas amizades que atopei estaba Jorge, un cubanazo que desde o primeiro día me engaiolou coa mirada, o sorrir e a súa desenvoltura tan natural, polos seus contatos me dixo que el mesmo me conduciría ao ceo das estrelas.
Os cartos dos meus pais chegaban puntualmente cada mes coma a regla, e se non me alcanzaban nunca reparaban en facerme outro envío. Dicialles que todos os libros que me recomenda na facultade eran escandalosamente caros.
A eles no negocio íalles ben, hai que ter olfato para todo e eles co da funeraria tivérano, nunca falla, aínda que agora a min desde aquí me parecese un pouco vulgar.
Mentres afianzabamos a amizade e faciamos proxectos tamén fixemos viaxes, eu descubrín un mundo de luxos e luxurias inaudito e sentabame ben. O meu físico non fora concebido para menos.
Preparei books cos mellore retratistas, mercamos os modelos axeitados, que a miña pel pedía nun berro ata daquela silenciado. Todo iso da man de Jorge, xa definitivamente non o meu manager senón o meu gurú.

Cada día me sorprendía con algunha proposta nova porque eran tantos os seus contactos. Aquel día chegou cun par de billeta para irmonos a Miami porque lle chegara o ofrcemento dunha empresa americana AMH ( Arquetipo de Mujeres Hermosas ) que era o soño de calquera fémina.
Era urxente a resposta e con urxencia pillamos o primeiro avión. A meus pais telefoneilles dicindo
que por motivos de estudos tiña que ir a Nova York. Nunca máis saberían nada de min.
Pasamos tres ou catro días en Miami, xa non lembro ben, coñecendo cada vez xente máis glamurosa e tamén máis extrana. Houbo un momento de cordura que me asaltaron certas dúbidas, Jorge borrou de inmediato cun sorriso e unha mirada daquelas.
Rematamos a estancia porque precipitadamente tivemos que sair para Nova York. Eu deixabame levar coma cando estás nun soño que non podes reaccionar.
Do aeroporto fumos directo a unha instalación que eu imaxinei estudios cinematográficos. Magnífico edificio de arquitectura postmoderna, inmaculadamente branco, rodeado como de tapiz esmeralda, sen ventás porque supuxen equipado coas últimas tecnoloxías ( e tamén de derradeiras vontades que non imaxinei ).
Adentrámonos por corredores asépticos coma os dun hospital e baleiros coma os dun manicomio.
Jorge coñecía as instalación, pasaba unha tarxeta ou pulsaba un teclado e tiñamos acceos a diversas estancias.
Chegamos a unha toda de cristal traslúcido con luz artificial branca, todo branco. Mesa branca, sillóns hergonómicos brancos, inútiles lánpadas de diseño dentro daquela luz case cegadora.Fun pasando a man sobre os obxectos que me ofrecía un tacto descoñecido, ou cambiaría a miña epiderme?
Con esa interrogación nos ollos mirei a Jorge que non me sorriu e convidoume a sentar ao seu lado.
Miroume en fite cos ollos demudados en terribles pozos negros que desprendian un líquido...

Mira Laura, chegou a hora da verdade. Eu isto non o fixen nunca con ninguén, fago o meu traballo e xa está pero contigo non podo, por moito que me doia vouche ser sincero por se valera de algo, en recompensa á toda a túa inxenuidade e docilidade: eu son un desgraciado, un depredador. Funo ata o de agora, isto non o volverei a facelo máis porque me namoraches e me despertaches o que podía quedar en min de ser humano. Son un elemento infiltrado a servicio dos fines médicos da CIA. Recluto xente de diferentes etnias e idade para a AMH que en realidade reponde ás siglas de
Arquetipos de Material Humano.Esta xente serve para experimentar sobre ela os efectos de bacterias chegadas doutros planetas, materiais radiactivos e outras moitas investigación das que nós, os axentes reclutadores, non estamos ao tanto. Así avanzan os laboratorios os seus descrubrimentos para a humanidade....
Dígoche todo isto, miña querida Laura porque sei que ti non vas sair de aquí nin vas poder confesarllo a ninguén.
Vou fuxir a calquera rincón ignoto do mundo, onde, se os remordementos me deixan vivir, non me atopen nunca estes desgraciados.
Apretoume contra si e desapareceu. Quedei coma estatua de cristal non sei o tempo que.
Agora o 5% ocúpanmo os recordos da miña infancia, cando estou lúcida, e os remordementos o resto da porcentaxe.

A MIÑA BELEZA ¡¡¡¡¡¡

gema, 31-10-12

INSUMISIÓN

SE O REI DI QUE O PAÍS ESTÁ PARA CHORAR.......
ÍMONOS RIR DO REI ¡¡¡¡¡¡¡¡


Imaxe mescojono.

CANCIÓN INFANTIL A DÚAS MANS

Imos facer do outono unha canción
e cantámola despois;
 
No outono caen as follas,
amodiño, amodiño;
verde , amarelo,
roxo e marrón,
pintan o chán
de moita color...
 
-As follas non pintan avoa.
-Cobren o chán?
-Si
 
No outono caen as follas
amodiño, amodiño.
verde, amarelo,
roxo e marrón
cubren o chán
de moita color.
 
Ana López e Xana Barbeyto

martes, 30 de octubre de 2012

DUBLÍN

Bonita idea a de Lino Braxe de recitar poemas en lingua galega cada quince días ás 8´30 no Dublin, distendido ambiente, bonita música, sinxelo e cercano, nada protocoloso, bonitos contos magníficamente narrados por Xabier Docampo e bonitos poemas de Olga Patiño.
Sabor de reconciliación coas palabras intelexibles e a LINGUA.

ALHUCEMAS


"O mar é unha illa de auga rodeada de ceo"
                                        Manuel Antonio.
 
 
 
Saíron ao mencer fuxindo da pobreza,
coas ilusións enredadas nos argazos do destino
e un muíño de luz no corazón.
 
Vogaron por soedades asolagadas
ata a noite que rompeu a mareaxe dos soños
esnaquizados na quilla.
 
O frío e o cansazo ausentaron as palabras,
non se escoitou ningún berro no vento.
 
Rexistraron catorce cadaleitos cifrados,
sen nome, nin talla nas lápidas.
 
Ás beiras do mar recolleron os abrazos
dos que ían no barco.
 
Ana López.








BO DÍA

lunes, 29 de octubre de 2012

TAMÉN HAI QUE RIR


El marido llega con un arañazo en el cuello que le hizo su amante,
abre la puerta, y le da una patada al gato y la mujer pregunta:" ¿Qué te ha pasado
mi amor?"... "Este Gato hijo puta  me arañó ""....... Y dice la
mujer...: dále bien fuerte que a mi me mordió las nalgas y me hizo un chupetón en una teta!!!!!"
 
 
 
 Moraleja: Si te crees muy listo.... tu mujer te lleva años de
 ventaja
.
 
 
                                                                          Conchi - CORREO

viernes, 26 de octubre de 2012

ANIMOUSE A ESCRIBIR

Adormezo tarde. Non sempre me ergo. Levo unha vida barata. Non chego a 30% do día esperta.

Poidera parecer que levo unha vida regalada.Nada diso.Esas horas ao día estou moi ocupada en preparar a noite.

Non é doado ser vampiresa.Agora coa crise económica hai moita afecciónada na profesión e degrádana moito.Algún chega a pensar que estamos no século xix e que o glamour se consegue con un par de medias ou conxunto íntimo de Zara.!Ah non! eu son das de "Desayuno con diamantes".O glamour é moi caro, custa moitos sacrificios e gastos de representación.

O meu programa de entrenamento esixe horas e esforzo.En canto me ergo recibo ao meu preparador persoal que me prepara o corpo con unha serie de exercicios,algún privado, conven algunha clase de arte dramático, preciso ter algún referente para parecer que me enamoro algunha vez.A ilusión de realidade debe estar presente !son moi boa!

A continuación a masaxista, cunhas mans adorables e axudada por aceites e cremas da mellor calidade pon os meus músculos en forma,sácame as tensións da noite e tamén prepara a miña pel, o bo estado da pel e indispensable, hai anos axúdabame a xenética, porén agora debo coidarme.

Despois adico a ler un pouco, ás veces axuda en algún ambiente...

Esta noite non vou saír. De cando en vez aíslome na casa.Disfruto do que teño...tamén me lamento de algo ou alguén que deixei atrás, en especial daquela inxenua rapaza que xogaba ás artistas no seu cuarto e que desapareceu´có tempo...

!Como me volvín!
Ana López



 

miércoles, 24 de octubre de 2012

PASTORES CEGOS

     Pastores cegos
 
 
Falades de amor
có ronroneo das abellas perdidas
na fondura do val da altiveza.
Despregades palabras estériles coma foguetes mollados
nun amor á medida do abano das apariencias.
Falades de amor
e non sodes quen de sentir o desacougo da pobreza,
nin ver como se alongan os días da fame.
Falades de amor,
e Aquel que amou ata o desangue
non recoñece a súa voz nesa mensaxe.
Falades de amor
a eses mozos que sucan insumisos as escumas dos soños,
onde o amor é un suave velo que os agarda
non unha choiva inútil de palabras.
Pastores cegos
instalados nas cumes da soberbia
escoitade o berro de agonía
dende o oco da noite da pobreza.
!Pisade a terra!
 
 
Ana López.

CORREO DE CONCHI

        El 2 de febrero de 1905 nació en San Petersburgo la filósofa y
 escritora estadounidense (de origen ruso) Alissa Zinovievna Rosenbaum,
 más conocida en el mundo de las letras bajo el seudónimo de Ayn Rand,
 y falleció en marzo de 1982 en New York .
        Nunca más oportunas las palabras de la autora de esa magnífica
 novela que es Atlas Shrugged, traducida al español como La rebelión de
 Atlas, una suerte de anticipo de lo que nos está pasando:
        "Cuando advierta que para producir necesita obtener autorización de  quienes no producen nada; 
cuando compruebe que el dinero fluye hacia quienes trafican no bienes, sino favores; 
cuando perciba que  muchos se hacen ricos por el soborno y por influencias más que por  el trabajo, 
y que las leyes no lo protegen contra ellos sino, por el contrario,  son ellos los que están protegidos contra usted; 
cuando repare que  la corrupción es recompensada y la honradez se convierte en un  autosacrificio, 
entonces podrá afirmar, sin temor a equivocarse,  que su sociedad está condenada."  

 Ayn Rand (1950).
                                                         Conchi 

martes, 23 de octubre de 2012

PENSAMENTOS


Anda a xente frustrada, cabreada, confusa... ninguén está de acordo con nada, nin consigo mesmo..
Eu ando desconcertada, a prensa é insufriblemente monotemática, da TV. só miro con despreocupación Aquí no hai quien viva, e cavilo nas cousas que non me cadran que son bastantes:
por exemplo, a teima da independencia, manobra, necesidade do pobo ????????
Como se casa a independencia se vivimos nunha sociedade de individuos cada vez máis dependentes ???
Dependentes das modas, do que opinen e pensen e teñan os demais, das necesidades que nos creen os grandes mercaderes das ilusións publicitarias que xa non venden só mercancía senón, seica, sentimentos dos máis profundos, cun perfume, un coche ou un suxetador...
Dependentes ata do clima porque unhas choivas poden arrasar a nosa casa que outros mercaderes construiron no cauce dalgún río, ou nos arruina unhas ansiadas vacacións, ou unha saída ao mar.
Dependentes dun traballo doado e ben pagado que alguén ten que crear para nós pensando que ese alguén non vai levar o plus de beneficio máis groso .....
Dependencia da rede de redes que nos teñen de tal xeito enguedellados que non sabemos xa movernos sen o seu auxilio.....
De que independencia falamos mentres cada quen sexa tan dependente ?
Conquistar a independencia profunda do ser, sería, coido, o primeiro paso.Mais iso, penso, non lles gustaría nada aos PODERES.
gema, 23-10-12

domingo, 21 de octubre de 2012

miércoles, 17 de octubre de 2012

  Adicado a Jan Antonu Landsman, que naufragou en A Coruña, frente á Casa dos Peixes,cando pretendía teimudamente chegar ás costas de Grecia.

 Estaba no aire
regresar coas velas despregadas.
Abarcar o mar na procura de imposibles
canso de acougar soños sentado nas rochas.
Tal vez quixeras reconstruir Micenas
ou salvar a Democracia.
Esqueciches
que ti non eras o rei de Ítaca
nin fillo de deuses.
Descoñecias os segredos do mar
e as cartas de navegación
onde se sinalan os perigos dos naufraxios
máis alá das columnas de Hércules.
Quizais te esperara Penélope nas costas de Grecia
despois de rescatar Helenas das fauces de Troya;
ou fose o teu destino morrer lonxe do fogar.
A morte pechou a derradeira viaxe en alerta amarela
e o mar enmudeceu ao coro de Antígona. 
 Ana López.

martes, 16 de octubre de 2012

lunes, 15 de octubre de 2012

A veces, ante la mala manera de ser de los otros, uno se siente orgulloso de ser uno mismo y no otro. (Anónimo)

jueves, 11 de octubre de 2012

Quen

 
A vida, tan fermosa cando tes un «quen»...



Non importa o «que» tes, senón a «quen» tes. Coñezo homes tan fracasados que non saben con quen compartir o seu éxito profesional; en realidade, creo, só importa de verdade o éxito da vida íntima. Outros tan solitarios e tristes que están sempre rodeados de ruído, e risa, e xente. Coñezo ricos que só teñen diñeiro e pobres tan acompañados que a súa vida, como unha verbena, vai de canción en canción e de abrazo en abrazo. Coñezo individuos que perden despois de gañar toda a súa vida. Coñezo xente que nunca se equivoca, e quizá por iso nunca pediu perdón. Coñezo nenos que o teñen todo pero perderon a imaxinación. Libros que venden millóns de exemplares, pero que ninguén volve ler: sempre digo que á boa literatura regresamos, relemos, repasamos, revivimos. Coñezo presidentes de gobernos e multinacionais que non se fían da súa sombra. Mulleres que nunca reciben postais de amor, como na canción, e non obstante parecen princesas cando pasean a noite de agosto entre miradas. Pilotos ao volante de coches multimillonarios que non saben pilotar a súa vida. Coñezo demasiadas frases célebres que son mentira. Coñezo, en definitiva, centos de homes que instalaron no «que» todas as súas ansias e esqueceron que só importa «quen». Ese que agarda por ti cando tardas. Aquela que se preocupa cando non estás. O que colle o teléfono e marca o teu número cando non sabe de ti. Eses son os que debes contar cada día. Eses son cos que debes contar cada día. O resto ocupa espazo, e tempo, pero non ocupa as coordenadas exactas que marcan a vida. A vida, tan fermosa cando tes un «quen», aínda que só sexa un, que a xustifica. Anda, colle o teléfono e marca o número dun dos «quen» imprescindibles. Pregúntalle como está. Dille que só chamaches para que soubese que o queres, que a queres, que vives porque el ou ela viven. Envía un SMS: grazas.  Importa a «quen» tes... amigo, amiga.

Artigo de Xosé Carlos Caneiro publicado na Voz de Galicia                                (Foto propia)

AGASALLO


 ¿Por qué me miras reloj?
¿por qué me miras?
- dijo la mariposa sorprendida.
Porque estoy aburrido
aburrido y cansado
- contestó el reloj.
Siempre llevo el mismo camino
recorro los mismos números
no salgo de mi esfera.
Y tú, con esas alas tan coloridas
te permites recorrer mundo.
Conocer rutas nuevas
volar por cielos limpios
explorar cuentos, romper rutinas.
Por eso te miro mariposa.
Y quiero convertir esta historia 
en la historia de un reloj 
que quería ser mariposa.
                                      Ángeles Cupeiro.(2012)
 
 

 
MIRADAS
 
 
Esa mirada,testemuña de auroras e andainas sosegadas,
esa mirada de árbores mecidos pola brisa
anticipo do abrazo,
regadío de afectos.
Esa mirada aberta ao sol,
bordada no lento pasar do tempo,
festoneada en ondas de tenrura.
Esa mirada, troupelear da vida
sen mendos de nebra;
é a túa.
 
 
 
Ana López.
 
 

miércoles, 10 de octubre de 2012

COMENTARIO AO POEMA DE ANA


O teu poema, Ana, enténdoo como un canto á esperanza, á dignidade, á resistencia do insistente tempo.
E quero comentalo aquí para abrir unha vía de escape á gran desesperanza na que ás
veces me atopo mergullada. Explícome:

Do último recital ao que asistín no Ágora saín pinchada, desinflada e moi dubitativa.
Pero será que o tempo nos arromba dun xeito tan brutal??? Son capaz de entender desde Góngora ata Herodoto pero non son capaz de captar a menor idea nin sentimento de poetas que me quedan moito máis proximos no tempo. Pero que me está sucedendo, e que xa non vou ser capaz de entender o mundo que me está rodeando???? Angústiame¡¡¡¡¡
Estaban alí, no recital,  porque eran moi bos, ela galega, galardoada, recoñecida, na onda. El da mesma onda de postmodernidade, recoñecido, galardoado, traído á Coruña para a inauguración dun novo curso poético......
E eu non os entendo. Doe eh!!!!
A ti si te entendo Ana, non debes ser tan boa, ou acaso, non serán tan bos eles???
gema, 10-10-12


Esta idílica imaxe é do blog de Mou, que quixo compartir.
Digo eu tocando o ceo coas mans

martes, 9 de octubre de 2012

TEMPOS
 
O tempo
encontrarame en pé
sen a dignidade abatida.
O tempo
das sombras anoadas
reflectidas nos anacos do espello.
O tempo
semente do que son;
presente indivisible
que non parcela a vida.
O tempo
encontrarame erguida,
pagadas a facturas dos naufraxios.
O tempo
rescatado dos soños,
colleita de futuro que alenta
no voo dun paxaro
que se ergue libre
e ferido.
 
 
Ana López
 

domingo, 7 de octubre de 2012

DESDE A VENTÁ

Mentras disfruto da vista do precioso mar desta mañá, observo como no parque, moitos donos de cans os entrenan pacenciosamente, supoño que animados polos abondosos programas que na tele proliferan na maestría de ensinar ás mascotas, mesmo de chegar ao máis profundo da súa psique.
Ao mesmo tempo dentro, na tele, soa un deses cursos.
Eu penso: Cando poñerán algún programa para educar aos donos dos cans a que recollan nunha bolsiña as súas deposicións?








sábado, 6 de octubre de 2012

SOCORRO¡¡¡¡¡¡¡

Empregueime a fondo en volver á plantilla que lles gustaba ás chicas pero hai letras e cousas que non solucionei: porfa, botade unha man que vou eslombadiña......

SERÁ POSIBLE ?????


"Se está probando en Japón, un revolucionario plan piloto llamado "Cambio Valiente" (Futoji no henko), basado en los programas educativos Erasmus, Grundtvig, Monnet, Ashoka y Comenius. Es un cambio conceptual que rompe todos los paradigmas. Es tan revolucionario que forma a los niños como "Ciudadanos del mundo", no como japoneses. En esas escuelas, no se rinde culto a la bandera, no se canta el himno, no se vanagloria a héroes inventados por la historia. Los alumnos ya no creen que su país es superior a otros por el solo hecho de haber nacido allí. Ya no irán a la guerra para defender los intereses económicos de los grupos de poder, disfrazados de "patriotismo". Entenderán y aceptarán diferentes culturas y sus horizontes serán globales, no nacionales. Y estos cambios se están dando en uno de los países más tradicionalistas y machistas del mundo.

miércoles, 3 de octubre de 2012

MINI

Abrázame como a unha lira
e tócame
para que a memoria da pel
garde por sempre
a mellor melodía.
gema, 04-10-12

martes, 2 de octubre de 2012

AI QUE FINA¡¡¡¡¡



El marido, en su lecho de muerte, llama a su mujer. Con voz ronca y muy débil, le dice:
- Muy bien, llegó mi hora, pero antes quiero hacerte una confesión.
- No, no, tranquilo, no hagas ningún esfuerzo.
- Pero, mujer, es preciso - insiste el marido - Es preciso morir en paz.
Te quiero confesar algo.
- Está bien, está bien. ¡Habla!
- He tenido relaciones con tu hermana, con tu madre y tu mejor amiga.Ella muy afectada le dijo:
Lo sé, lo sé ¡¡¡Por eso te envenené, hijo de puta!!!
CORREO ENVIADO POR CONCHI