domingo, 22 de enero de 2012

POLAS QUE NUNCA PODERÁN ESCRIBIR ISTO

NOXO EXISTENCIAL
Renuncio ás palabras dóces
para escribir poesía.
Preciso palabras acedas para tempos feros,
palabrasolimán para homesfera
que derraman inocencias
polos sumidoiros pútridos
das súas negras conciencias.
Lobishome disfrazados na multitude
que olfatean o aroma tenro
para satisfacer o instinto.
Estou cansa de xuices políticamente correctos
pero incorrectamente humanos
que valoran máis un por se un caso
que un nunca máis.
Abominables homes cementosos
con fimose mental,
ladróns dun podía ser que nunca será.


gema , 29 – 01- 10

3 comentarios:

  1. Pufff... deprimente. Negativo , como la vida misma. Un buen ejercicio de las sombras de la vida. Correcto y preciso, con el certero manejo del bisturí del pesimismo, bello en su disección. Pero...¿cuando hacemos una merendilla?... pa mirar pa otro lado... aunque sea mentira.

    ResponderEliminar
  2. Poema moi de acordo "coa que está caendo" realista e crítico. Todo un exemplo de poesía social.

    ResponderEliminar
  3. !Cantas inocencias derramadas!é verdade.
    Unha denuncia necesaria, triste dende logo,pero certeira.
    A poesía ten esa obriga tan dura.
    A proposta de Ángela é moi sabia, deberiamos considerala.

    !Ah! por certo a imaxe do día ¿onde está?Deberemos imaxinala?

    ResponderEliminar