Se ha producido un error en este gadget.

viernes, 27 de enero de 2012

DESDE A VENTÁ - 27 - 01 - 12

foto propia

MADRUGADA
O son metálico do helicóptero
corta a madrugada gris.
Toca a rebato.
É o sinal dalgunha morte no mar.
Sempre frente á ventá,
instálame a friaxe no corpo.
Sei de sempre
que os poderosos brazos do mar
arrebataron o calor de alguén.
Non podo durmir xa.
gema, 27-01-12- Santo Tomás de Aquino... ????

2 comentarios:

  1. Noite estremecida. O mar fronte a túa ventana pon palabras aos teus sentementos...

    ResponderEliminar