Se ha producido un error en este gadget.

jueves, 5 de enero de 2012

NOITE DE REIS




Que noite tan tremenda. Voltas e voltas na cama sen poder pegar ollo.

Sería o descafeínado aquel que tomei no Acougo Bar? Non me fío, haino que pedir de sobre. Aquela morenita creo que andaba máis a lucir teta ca atender á clientela.

Agora que me teño que erguer estou mallada, daba algo por botar un sono.
E o medo que pasei..! Cando un está así desvelado todo se ve desmesurado. Cheguei a sentir que me apalpaban por derriba do edredón. Xa sei que son pantasmadas do meu medo.
Pensei se pecharía a porta vinte mil veces aínda que sabía que si porque antes de me deitar miro vinte mil veces.Hai tantos roubos, todos os días oes de algún. E se me estaban a desvalixar todo?
Oía mesmo os pasos no corredor. Si, si, aquelas eran pisadas... E ese ruído? Caeulles algo. Ai a miña tele de plasma, o ordenador novo..... E despois ao dormitorio, virán por min..... Se me fago a durmida igual non me fan nada, senón... Ai deus, se tivera por onde escapar...
Que bobada, estar agora repasando outra vez todo isto, é perder o tempo.
Respectados moradores desta casa: Han perdoar a derrama causada na súa despensa por estes
famentos Reis Magos. Antes non tiñamos necesidade disto pero cos tempos que corren vémonos obrigados a repoñer enerxías nalgún domicilio escollido a chou.
Moitas grazas por estar tan ben abastecidos e todo o noso respecto e cariño
Melchor, Gaspar e Baltasar.
Ai deus, ai deus, ai deus…¡ agora si que toleei de remate. Así que hai Reis Magos …...

gema. 05-01-12.




2 comentarios:

  1. Un contiño moi orixinal, moi ben levado. Transmite moi ben ao lector os sentementos da protagonista, mesmo semella que lle están sucedendo a él... E cun final sorprendente.
    Parabéns!!!!

    ResponderEliminar
  2. !Preciosa e emotiva noite!Hai que rescatar a inocencia.
    Agora como agasallo de Reis mándoche un ¿chite? do libro "Cousas da vida" de Castelao:
    -¿Que che trouxeron os Reis?
    -A min nada,e que o meu pai é republicano.

    ResponderEliminar