Se ha producido un error en este gadget.

lunes, 16 de enero de 2012

ANIMACIÓN Á ESCRITURA - ZAPATOS ROTOS

Aínda que volva un día a primavera,
e o sol derreta a xeada.
Sempre será inverno.
A luz non chegará a esta beira do camiño,
nin guiará os teus pasos.
Eses zapatos que colgan da memoria
non abrigarán os pés que os habitaron.
Qué  buscaban?  Que  encontraron?
Que realidade pisaron?Por que os colgaron?
Miramos o que queda pendurado no tempo,
non sabemos qué  vida se agocha
nesas  ventás abertas.
Mais o ollos do corazón poucas veces erran,
e non ven fadas agarimando a historia,
Só soños orfos ao pouco de nacer ,
e pés descalzos.


Ana López.






3 comentarios:

  1. Si Ana, "os ollos do corazón non se engañan nunca".

    ResponderEliminar
  2. El vacío de lo que fue, ahora pende de un hilo... como una incognita en el aire. Despejarla es lo dificil.
    Hermosa poesía, Ana

    ResponderEliminar
  3. Canto máis camiño levamos recorrido máis "zapatos colgan da memoria" e máis "soños orfos" se apousan no noso interior, tantos que ata o corazón queda descalzo...
    Fermoso poema amiga!

    ResponderEliminar