Se ha producido un error en este gadget.

martes, 10 de enero de 2012

PARA A MULLER DA CADEIRA -- LUIS SEOANE

        DESAFIUZAMENTO
Seoane pintoume nunha cadeira.Cousas dos artistas, sempre na procura dun símbolo.Eu nono son.
Son moito máis;son unha muller.
Mirádeme, podo ser cada unha de vós:
Esperando dócil ou disposta a saltar.
Quizais despedindo, quizais agardando.
Tal vez soñando...
É unha imaxe moi sutil.
Déspota?
Sumisa?
Son unha muller e as mulleres somos todo iso.
Son unha muller a que veñen a botar da súa casa.
! Que me leven sentada !
                              Ana López

2 comentarios:

  1. Orixinal, rápida e inxeñosa.

    ResponderEliminar
  2. "Somos todo iso e moito máis..." Vaia se o somos!!!!.
    Gústame a ollada que lle botaches ao cadro de Seoane... É fresca, inxeniosa, ten o seu belisquiño de poesía, o seu chisco de humor e o seu anaquiño de crítica.
    Moi completo na súa brevidade.

    ResponderEliminar