Se ha producido un error en este gadget.

martes, 17 de enero de 2012

ANIMACIÓN Á ESCRITURA - ZAPATOS ROTOS

Camiño cos pés descalzos,
na viaxe de volta da Itaca,
coa epiderme curtida por mil soles
e a lentura de noites estreladas.
Descanso ao pé do baobab
baixo a sombra  das pólas alongadas,
no silencio azul do inmenso ceo.
Soño con principiños, sombreiros debuxados
que todos non alcanzan.
Debaixo das palmeiras o yambé
marca a fin da xornada de mans cansas
e o  ritmo de pés nus sobre da area.
Vexo pasar as garzas
que viven baixo as dunas,
que moven coas súas asas.
Ninguén o sospeitara ¡¡¡
Apago a mineral sede neste oasis
onde se esconde o tempo cando pasa
e as lúas cuarteadas.
De alimento ambrosías,
pan dos  deuses.
De talismán, gardo os zapatos rotos na mochila,
mais non preciso nada.
                                      gema Bermúdez

3 comentarios:

  1. Me veo debajo de una palmera, mirando las dunas y soñando...
    como lagarto al sol...y descalza...
    que relax, parece que vuelvo a ser joven

    ResponderEliminar
  2. Camiñas cos pés nus por un camiño novo de versos, por iso podes gardar os zapatos rotos na mochila. Sigue camiñando descalza e descubrindo novos vieros para liberar as palbras...
    Parabéns!!!

    ResponderEliminar
  3. ! Mil soles e noites estreladas acompañaron a tua viaxe cos pés descalzos por versos escritos na area da vida!

    ResponderEliminar