Se ha producido un error en este gadget.

miércoles, 4 de enero de 2012

A BEBEDORA DE ABSENTA



Elisa pensou que debía tomar unha decisión antes de que se lle embotara a mente. Xa levaba tres copas case de penalti.
  Sempre viña aquí, ao seu recuncho, tanto para celebrar un acontecemento como para chorar algún fracaso ou pensar. Aquel espazo entre o balbordo dáballe calma e anonimato.                            
 Hoxe chegou despois da festa de fin de ano na empresa. Cando xa se despedía achegóuselle David e deulle o sobre. Ela sorriulle nun xesto íntimo de agradecemento, non adoitaba obsequiala en metálico  pero quizás intuíra canto o necesitaba.
Tiña presa por abrilo pero agardaría ata chegar ao bar.
Elisa  estudaba cuarto de bioloxía e aquel ano chegou á facultade Andrés.
Seduciuna coa súa brillantez, o seu porte elegante, o interese polas aves migratorias  que ela compartía . Casaron ao rematar o curso sen o consentimento dos pais, nunha cerimonia civil.  
Era filla única, segundo pensaba ela, concebida coma unha prolongación orgánica dos pais, puidera ser o pé dereito dun e o esquerdo do outro, ou sexa, un como  soporte. Cumpría logo educala como era debido pero aquela rixidez  a ela asfixiábaa dende pequena, así que o matrimonio para ela viña sendo unha liberación e para eles un seguro de vida fracasado.
Ao acabar a carreira entrou a traballar no observatorio de aves que dirixía Andrés e tras certo entusiasmo do comezo, a rutina  dos horarios, a vida tan chea de conferencias, viaxes, entrevistas e horarios interminables de Andrés, foi  formando entreele unha barreira coralina que de día en día aumentaba a ollos vista.
O que rebordou o vaso foi o descubrimento de que en definitiva todos os estudos e controles que se facían no observatorio do seu marido, sobre a migración e paso das aves, eran para coñecer minuciosamente a ruta e así os cazadores terían máis éxito.
Isto, contoullo unha tarde o seu compañeiro de traballo Ramón, co que trabara unha boa amizade e coincidían no xeito de ver a vida.
A reacción foi fulminante: Aquela noite Andrés e máis ela falaron de todo o que nunca tiñan falado antes e coñecéronse máis a fondo do que se coñecerían, seguro, se seguiran a vivir xuntos o resto da vida. É o que ten  de bo poder falar  a calzón quitado. Tamén lle dixo que en realidade era adoptada por aqueles  miserables  pais. Descubrírao  Andrés ao arranxar os papeis para a voda ( non se sabe se llo dixo por crueldade ou compaixón).
Pola mañá cedo, sen grandes desdouros, el saíu para o traballo e ela cunha maleta cara un lugar incerto. Iso si, quedando como amigos.
Aquela foi a primeira vez que acudiu ao bar Vía Láctea e seguiríanlle moitas outras polo que lle gustaba o sitio ou polo que tomaba no sitio.
Volveu para pensar se se iría  vivir definitivamente con Ramón despois da experiencia anterior.
Para pensar nel cando lle faltaba tanto tempo por embarcarse con Grempace.
Cando viu a Andrés cunha noiva collida polo van.
Cando quería pensar na súa infancia e nos cafres que a adoptaran. Agora sabía perfectamente que o que quería non era unha filla senón unha coidadora,, ben formada para a vellez.
Cando David a acosou e ela se deixou máis ou menos acosar.
Cada vez que sucedía de novo.
Cando lle tardaba a regra e fixo un test de embarazo dando positivo.
E hoxe, co sobre e o segredo que non ousou descubrirlle a el cando llo entregou.
Unha vez no seu sitio de sempre, abriuno:
AGRADÉCELLE A EMPRESA OS SERVIZOS PRESTADOS. A PARTIR DO DÍA 01-01-2012
CAUSARÁ BAIXA NA NOSA NÓMINA.
ASINADO O XERENTE
 David Couso Montelo

Quedou en branco coma se a absorvera un cúmulonimbo. Pediu unha copa e outra e outra pero debía tomar unha decisión antes de que se lle embotara  a mente.
Volveu en si cando lle ouviu dicir ao camareiro: Señorita, voulle chamar un taxi porque non durmiu nada en toda a noite.
gema, 04-01-12










5 comentarios:

  1. Déchesme envexa, eu tamén quero ser aplicada.
    Que outras..... tomen exemplo.

    ResponderEliminar
  2. !Moi ben, que cunda o exemplo!
    Gústoume a historia de Elisa, tan actual e tan antigua...
    Noraboa.

    ResponderEliminar
  3. Gústame o conto, Gema. É áxil, conta moitas cousas en pouco espacio; os feitos vanse precipitando e isto fai que se manteña o interese; o final cae coma unha lousa ( e isto digoo como algo positivo, porque o lector queda impactado) pero non sei...Creo que se podería "pulir" un pouco. Sabes? dame a impresión de que o que é unha virtude (a axilidade con que se desenvolve) ao final trócase nunha sensación de "precipitación ao escribir" , é como se o autor tivera présa en acabar ... Pero non me fagas moito caso, seguramente que só é unha impresión miña.

    ResponderEliminar
  4. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  5. Que bo ollo tés, coleguiña.
    tiña o conto avanzado porque a imaxe dá para moito pero primeiro pensei que se era moi longo no blog aburría, entón volvín atrás, resumín (entroume a présa), e acabei, por vaga e porque en definitiva gústanme os mini.
    Observadora perfecta.

    ResponderEliminar