Se ha producido un error en este gadget.

viernes, 27 de enero de 2012

PARABÉNS, BICOS E ARRECHUCHOS PARA A NOSA FABULOSA ESCRITORA CONCHA PARGA

Lionel Rexes gaña o certame 'Minicontos de Outono', promovido polo Centro PEN e 'LV De Luns a Venres'


27/01/2012 - LV De Luns a Venres
Luzada, un relato do mestre alfocense Lionel Rexes, é o texto gañador da segunda edición do certame literario Minicontos de Outono, promovido polo Centro PEN Galicia e LV. De Luns a Venres co patrocinio da Xunta de Galicia. Deste xeito, Rexes faise cun premio de 600 euros grazas a unha historia sobre o furtivismo na que a emigración e o humor teñen un papel moi importante.

O segundo premio, dotado con 300 euros, recaeu en Fulgores feridos, un texto erótico protagonizado por dúas mulleres que se deixan levar pola paixón no seu lugar de traballo. Asina o relato a coruñesa Concha Parga, que tamén se dedica á docencia. Finalmente, o poeta e xornalista lugués José Sixto foi merecedor do terceiro premio, que conta cunha dotación de 100 euros, grazas ao seu miniconto A estrela que veu, onde aborda o drama do paro desde o punto de vista da inxenuidade infantil. Ademais, as tres pezas premiadas serán publicadas nas edicións, tanto impresa como dixital, do xornal gratuíto LV. De Luns a Venres.

Nesta segunda edición, o xurado cualificador, que se reuniu o pasado 25 de xaneiro en Santiago, estivo composto polo presidente do Centro PEN Galicia, Luís G. Tosar; o director de LV, Alfonso Riveiro (con voz pero sen voto); o xornalista e escritor Diego de Cora; o director do Centro PEN, Xabier Castro, e o xornalista Juan Méndez.

Tras a súa deliberación, os membros do xurado quixeron salientar a abraiante acollida do certame, no que competiron máis de 200 orixinais chegados de toda Galicia e España e mais de países como Arxentina, Colombia, Venezuela, Alemaña ou Reino Unido. Ademais, na acta quixeron reflectir o excelente traballo realizado por un grupo nutrido de escolares que se presentou o certame demostrando que en Galicia hai unha boa canteira de literatos.

O acto de entrega dos premios terá lugar no transcurso dun acto literario cuxa data se dará a coñecer nas próximas semanas.
Noticia de prensa.
TROFEOS  W001L2207
TROFEOS  W001L2207
¡sí!,  feliz, triunfo
imaxe google

2 comentarios:

  1. Suscribo o de "parabens , bicos e arrechuchos"
    Noraboa Conchiña !ti si que vales!

    ResponderEliminar
  2. Grazas AMIGAS!!!!!. Non teño palabras para agradecervos que compartades conmigo esta pequeno premio. É a vosa alegría e a vosa amizade a que me fai verdadeira gañadora. Pero sabedes? Quedo con todos os bicos, e arrechuchos que me saben tan ben... Pero por favor sobra o de "fabulosa escritora" , "apabúllame"

    ResponderEliminar