Se ha producido un error en este gadget.

lunes, 2 de enero de 2012

SEMPRE O TEMPO

                                                                
A  luz azul marca  teimuda
o parpadeo nervioso do tempo.
Caen as follas  do calendario
e deixan estelas  na memoria.
 Río  sobre o reloxio de pedra
pegado na casa do tempo
coas agullas  cravadas nas veas. …………..
Pegadas de vagalume nos sentidos,
ás  veces,  de veloces cabalos
na boca do estómago.
Arañeiras na epiderme
e cinza nos ollos de fóra.

 Deixa o tempo,
estratos  de bicos,
olor de margaridas  nacidas na lava,
terra amasada  no balbucir das horas.
Logo,
 o latido íntimo,
aberto en espirais
 elevarase  infinito
nun universo sen tempo.
                               gema, 05 – 05 – 10

reloj, de edad




1 comentario:

  1. Fermoso poema.
    O tempo que pasa e nos deixa "estelas da memoria" na pel.
    E sempre a ilusión de elevarse por riba do tempo.
    Noraboa.

    ResponderEliminar