Se ha producido un error en este gadget.

viernes, 13 de enero de 2012

ANIMACIÓN Á ESCRITURA- NA PROCURA DA DÚBIDA

Esperto sobresaltada, suorosa e o corazón a baterme na boca ...
Enorme, enorme corría tras min a grandes chimpos, sobre aquel punto fulcral a modo de ollo sinistro.
Arfaba coma unha besta e o seu alento quente dábame na caluga. Nalgún momento cheguei a sentir como unha masa xelatinosa me batía nas pernas.
-Que vai ser de min? Que vai ser de min? Quixen berrar pero a voz no me sía, por máis que me esforzara, non me saía ¡¡¡¡¡¡¡¡¡
-Agora píllame¡¡¡¡ Agora píllame¡¡¡¡¡, pensaba arrepiada.
Nun sforzo titánico mirei atrás: era enorme, verde, brillante, cunha gran boca redonda sen dentes.
-Aspirariame? Fagocitariame? Disolveriame na nada?
-Que ía ser de min???????
O chan era molciño, coma de musgo. Afundíame en cada paso, a cada paso......

Prendín a luz, tirei o vaso de auga sobre o libro que deixara aberto na mesiña. Xurei. Refreguei ben os ollos, ata doerme pero alí estaba, enorme, na parede, verde, brillante, pegañenta, a enorme interrogación que me perseguía día e noite dende que unha amiga? Me dixo que iamos en procura dunha dúbida.
Cuspín e volvín a xurar. Mala leche¡¡¡¡¡¡
gema, 13-01-12
imaxe Google

2 comentarios:

  1. Case sentin ese "alento quente na caluga" máis grazas a Deus ó "refregar os ollos" ali estabas ti dubidando.
    Non hai certezas afortunadamente, a única que hai que queres que che diga...Oxalá tarde.
    Fermoso texto.
    Parabens.

    ResponderEliminar
  2. Canto me prestou o teu relato!!!!!!
    Lograches cunha boa dose de inxenio sair airosa da "dúbida" indo na súa procura...
    O final fíxome rir...E que a verdade resulta moi gracioso e ocurrente...
    A túa imaxianción está en plena efervescencia xuvenil...Encántame.

    ResponderEliminar