miércoles, 11 de enero de 2012

PARA UNHA MULLER NA CADEIRA DE LUIS SEOANE

Amadora, a avoa, selou a boca para sempre con aquel rotundo cabrón !!!!
Foi coma un disparo contido tantos anos de soedade, traballos, nostalxias e dúbidas.
Despois sentou na silla que so deixaba por necesidades vitales e non volveu a pronunciar palabra.
O médico dixo que era que non quería falar porque as facultades tíñaas.

Naqueles tempos de tanta fame os homes íanse facer as Américas e o avó Manuel tamén marchou a Cuba co aquel de mandar para manter os catro nenos e aforrar para ter casa de seu.
Amadora foi unha daquelas viuvas de vivos.Traballou por dous, fixo de nai e pai sempre cun sorriso
para todos e un amor devoto polo seu home e os fillos.
Viñan as remesas de cartos e notábase máis alegría, viñan e ían as cartas contando o que pasaba.
Manuel, mal que ben sabía ler e escribir pero Amadora non, entón, tivo que depender da sobriña do cura ata que chegaron os fillos. Iso condicionábaa a hora de falar de cousas íntimas. Quixera preguntaelle ao home se miraba para algunha muller...., contarlle canto o botaba de menos.... Cousas de pel adentro.
Co paso do tempo as cartas fóronse distanciando a modiño coma continentes á deriva.
Os fillos xa marcharan da casa entón tamén ela tardaba máis en contestar. Ata que chegou o tempo da sequía absoluta.
Amadora ( que nome tan premonitorio) preguntaba a todos os que viñan de aló se sabían algo de Manuel. Ninguén o vira.
Algo non andaba ben: ou Manuel morrera ou......
As noites fóronse facendo máis longas e máis espesas e máis escuras e os pesadelos máis insoportables ata preferir pasar sen durmir.
Un día xa non aguantou máis e foi chamar por teléfono a Luis, o fillo maior. Díxolle que viñera á casa de urxencia e el así o fixo pensando que algo grave lle ocurría á nai.
Amadora estaba cos cartuchos cargados, non estaba disposta a pasar máis días e noites así.
-Luisiño, lle dixo, vaslle escribir unha carta a teu pai, isto é un ultimoatún, ou se ven dunha vez ou o damos por morto.
Como resultado logo enviou unha carta Manuel confesando que el alí formara unha nova familia, que tiña cinco fillos que non podía......
Foi daquela cando estoupou a derradeira palabra: cabrón !!!!!!!!!!!!!!!!!!! coma un trono.
O retrato da avoa Amadora preside o comedor da casa como homenaxe a unha das tantas viuvas de vivos. Debaixo alguén lle escribiu a boca é para calar.
                       Gema,11-01-12








    2 comentarios:

    1. " Cousas de pel adentro"Só Amadora sabia delas,e " pel adentro" tamen quedou a pena , só lle saliu !!CABRÓN!! Penso que quedou corta a denuncia para os feitos acaecidos.
      Silenciar ás mulleres é un crimen, así que: !Ben por Amadora!
      Moi ben tamen pola narradora.

      ResponderEliminar
    2. O teu relato fíxome camiñar no tempo cara atrás, porque reflicte con absoluta fidelidade, loable na súa brevidade, aquela época das "viúvas de vivos" das que nos fala Rosalía. Anos de fame, represión, abandono e de mulleres que coa forza dos seus brazos mantiveron con vida unha Galicia agoniante.
      É una historia das que se instalan "pel adentro"...

      ResponderEliminar