Se ha producido un error en este gadget.

martes, 25 de marzo de 2014

Adicado a todas as mulleres que saben levar na pel fundida a vida...

A poeta

Non é calquer cousa
ser muller e poeta

Hai que saber mover polo arame
a trémula caricia da existencia.

Levar fundida na pel...

o sabor da froita
o recendo da flor
a frescura da chuvia
a forza do vento
a cor do solpor

o marmurio do bosque
nas ondas do mar

a dozura dun bico
no colo dunha aperta

a dor dunha afrenta
o abandono dun adeus

unha ventá aberta

cando a porta se pecha.

Liberar sen romper
a ansia que estala no interior
das cousas máis sinxelas.

Tender a man
ás palabras transparentes do cristal
que se pousan no silencio.

Separar unha a unha
as pedras do cerco.

                 Ana López.

6 comentarios:

  1. Diosssssssssss Ana, creo que é das mellores.
    Estala, rómpete en palabras que tes dentro.

    ResponderEliminar
  2. !Ai miña filla crecin um metro!
    Grazas.

    ResponderEliminar
  3. Pois xa podes medrar outro metro mais porque dende logo como poeta non deixas de medrar.

    ResponderEliminar
  4. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  5. O que queria dicir querida Concha éra que sempre estou atenta aos teus consellos que me axudaron e me siguen a axudar, no persoal, e nos poemas tamen.
    Grazas, moitas grazas.

    ResponderEliminar
  6. sensibilidad extrema y valentía para exponerla. ¡Gracias!

    ResponderEliminar