lunes, 28 de octubre de 2013

Visita o xoves a exposición "Metamorfosis" do poeta e fotógrafo Manuel Vilariño no MAC da Coruña. É unha retrospectiva dos trinta anos de obra, o último unha viaxe por Extremadura da man da néboa. Antes da visita pronunciou unhas palabras; pura e profunda poesía,definiuse como un ser que fora i é "silencio e soedade", inda que non falou deso, ali palpamos a reciente perda que sufriu. Recomendable exposición, recomendable poeta. Estas pequenas palabras son para el con moitisimo respecto.

                             PERDA

Escoitaba ausente aqueles cantos dos que non participaba e sentía sobre el os abrazos como gadoupas que o esgazaban; pero mantíñase dreito.
Agora contaba coa comprensión social do silencio, era normal que naquel momento non dixera nada, por unha vez non tería que disculparse.
Ó redor a vida seguía.
Non sabía con que forza contaría mañá, pero seguro que sería quen de comezar o día, e rematalo.
Eso sería todo.

                      Ana López.

1 comentario: