Se ha producido un error en este gadget.

martes, 15 de octubre de 2013

Poema para unha tarde gris...



"... nos recunchos grises da tarde."/


O zume da vida
camiña por riba dos balados,
desbórdase cada día
en lúas pálidas
que se perden
por entre as fendas violáceas do corpo
e producen feridas  que sangran...  
                             Non sei que busco aínda
nos recunchos grises da tarde,
nos caixóns roídos pola couza do olvido,
no extravío do frío,
na ingravidez dun rostro
feito anacos sobre o po
que se acumula enriba dos armarios,
na vertixe da paixón
que aínda traspasa os ósos
e fai niño entre as ruínas da carne,
ou na dor calcinada dos astros
que tecen órbitas de loucura
sobre a transparencia de cada instante...
   

2 comentarios:

  1. Que salia xa dunha vez ese libro de poemas teu que espero hai tempo!
    Esto de poder ler un de tarde en tarde ten que acabar...
    Xa teño case o título se outra vez coincidimos direicho,(ten algo que ver co tempo e cunha cor...ate aqui podo ler...)
    O poema é precioso e fala desa identidade e desa búsqueda que nos acompaña sempre aqui e quen sabe se alá, como nada se sabe...

    ResponderEliminar
  2. Esa búsqueda que nos move e nos paraliza... Que é desacougo e sosego... En fin, que hai días grises nos que non se pode conter un berro que ameaza racharnos por dentro... Grazas , Ana, por darlle mérito a ese berro.

    ResponderEliminar