Se ha producido un error en este gadget.

sábado, 26 de octubre de 2013

Non me resigno-2

Non me resigno ao silencio,
nin me fio do voo das bolboretas
abatida beleza dun instante.

Non me resigno a dormitar
na palabra que atolda o cristal
onde se conxela a esperanza.

Non me resigno a camiñar
polos beizos do tempo
recitando abecedarios alleos.

Non me resigno a mirar con rutina
o po deste desgastado presente
que se difumina no abismo.

Non me resigno a ser unha lembranza
no vértice da fráxil memoria dos días.

Non me resigno a contemplar indolente
como o home asustado afunde os ollos
no cadaleito do futuro.

Non me resigno a ceder baixo o peso
das respostas que rebentaron as preguntas.

Non me resigno a escoitar indiferente
o tintineo das cadeas.

                                 Ana López.

1 comentario:

  1. Outra vez me sinto identificada co que dis no teu poema.

    O dia que nos resignemos algo morrera dentro de nos...

    ResponderEliminar