Se ha producido un error en este gadget.

martes, 15 de octubre de 2013

TATUAXES MODERNAS

O outro día fun á casa duns amigos que tiñan unha festa infantil. Había nenos de dez e once anos. Estaban xogando ao fútbol no xardín a un xogo que chamaban mundi? Ao pouco  descubrín que non deixaba de ser o noso attack e gol pero con outro nome.
E é que poucas cousas cambian cando es un pícaro. Pero o que si me sorprendeu era que case todos levaban un moratón xigante no brazo. Non o entendía ben, así que lle preguntei a un dos rapaces e contestoume  que era a moda de agora no colexio.  Roías o teu mesmo  brazo ata que che saía un moratón. A pregunta era obvia: por que? Tardou un intre en contestarme como non comprendendo a pregunta, coma se fose a cousa máis estraña que alguén podía querer saber. Finalmente respondeume: Son as nosas tatuaxes, son gratis e fáciles de facer.

Roeu o outro brazo ata que lle saíu outro moratón e foise  xogar ao mundi?? Pensei naquela incrible frase de Herbert Asquith: A mocidade sería absolutamente perfecta si chegase un pouquiño máis tarde na vida. Feliz semana.      A. Espinosa.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario