Se ha producido un error en este gadget.

miércoles, 9 de octubre de 2013

PASOS




nunca temos a certeza
de que a volta sexa o comezo
ou se esquivaremos a curva
onde nos perdemos

como fráxiles casandras
que non lameron as serpes
sen fitas que sinalen o camiño
nin báculo onde apoiar o tempo

sen muros e sen portas
deixamos ás costas o bafo do medo

e seguimos camiñando polo verdor das follas

esperando...

Ana López.

No hay comentarios:

Publicar un comentario