Se ha producido un error en este gadget.

viernes, 11 de octubre de 2013

Hoxe fun de compras, merquei dous libros; devorei o primeiro. Como a estas alturas coido non ser sospeitosa de dicer gabanzas que non sinto; "Habitación do asombro" de Miguel Anxo Fernan Vello é un fermosisimo libro. Aqui vai unha pequena mostra:

"...cando todo se extingue entre nostalxia e fábula
e cando somos carne esquecida na néboa,
como espectro vulgar que se extraña a se mesmo
ou espello de imaxes deformadas e ausentes,
a experiencia volátil de existir nun horario
sen tocar terra nunca, sen entrar no misterio,
só vivindo na páxina dun deserto sonámbulo,
sen saber o camiño,
finalmente na sorte
de non ser
ou ser algo..."

                Miguel Anxo Fernán Vello

2 comentarios:

  1. En verdade que e un fermosisimo libro. A poesia de Miguel Anxo F, Vello sempre conecta co meu sentemento. Vou xa relendo este ultimo libro e sinto que peta forte dentro de min.

    ResponderEliminar
  2. Sempre atopei en M. Anxo como algo de misticismo moi da cerna.

    ResponderEliminar