Se ha producido un error en este gadget.

domingo, 13 de octubre de 2013

PARA ASUNTA



Delicada princesa de Oriente:
que malfadada estrela te guiou
en busca de pais e pan ?
Crisálida que abrías ás de bolboreta
con luz propia
que unha funesta madrastra
apagou con vermellas mazás envelenadas
no ben camuflado castelo dos horrores.
Agora
pobre princesa oriental
nin as túas cinzas teñen un recuncho
onde volver florear.

gema, 13-10-13

2 comentarios:

  1. A actualidade feita verso. Tedesme admirada....

    ResponderEliminar
  2. É un crime tan aborrecible! .Dame ata medo falalo.Tamen me pareceu moi censurable o tratamento tan pouco riguroso da prensa.

    ResponderEliminar