Se ha producido un error en este gadget.

jueves, 3 de octubre de 2013

DE VOLTA DA PRESENTACIÓN DUN NOVO LIBRO DE XAVIER SEOANE: POETA INDISPENSABLE E PERSOA AGARIMOSA E HUMILDE COMA POUCOS.

A creación é tan fundamental como a leña e o pan.
A creación é un vento impregnado de sentido moral.
É forza tranquila e furacán desatado.
Luva ardendo na man.
Mirada no centro da cara.
Encarnadura no soño da carne.
A creación é o soño desperto do real, a vertixe luminosa que atrapa a libélula do instante.
A creación é o que non ensinan as escolas, nin os mestres, nin os pais; nin sequera os Avós nos seus relatos.
Creación é sachar.
A creación é a consciencia de saberse apto para o soño, propicio para a viaxe, cheo de indicios, de acontecementos, de morada.
A creación é instante interminábel.
Itsmo que canta.


Xavier Seoane

No hay comentarios:

Publicar un comentario