Se ha producido un error en este gadget.

jueves, 17 de octubre de 2013

Palabras sonámbulas

que foi das illas dos soños
nos mares do alén

onde están agora
as palabras sonámbulas
do río de lava
que percorría o peito

cando ensartou a mudez
voces malgastadas
no fío do silencio

como se apagaron as estrelas
que sinalaban a liña do horizonte

porque derrubaron as columnas de luz
que sostiñan o futuro?


Ana López.

1 comentario:

  1. Fermoso poema cheo de añoranza polas cousas perdidas... E abofe que nos estan roubando ata os soños.

    ResponderEliminar