Se ha producido un error en este gadget.

viernes, 4 de octubre de 2013

O CUARTO

Escribo baixo unha pequena ventá
coa primeira luz do día
nunha hora de ninguén.

Desprego os ósos
do percheiro da noite,

escoito distante
a trécola deste vento do outono

Non sinto o desafío dos anos
nesta promiscua estancia
de libros acugulados
mobles en desuso
fotos , cadros e papeis.

A vida reflectida nunha imaxe

Van caendo as palabras
como as follas das árbores
nesta polifonía do silencio
paseniño...

ate ateigar de versos o cuarto

Ana López.

3 comentarios:

  1. Dende logo Ana, naciches poeta.
    Son os teus poemas sinxelas pinceladas dun corazón aberto a todo o que te rodea, de todo fas poesía suavemente engarzada coma una xoia que os teus ollos descobren en cada recuncho.
    É un pracer.

    ResponderEliminar
  2. Totalmente de acordo co que di i Gema. Delicioso poema!!!!! Non me estraña que o teu cuarto se encha de versos....

    ResponderEliminar
  3. !Non vos merezo, moitas grazas!

    ResponderEliminar