Se ha producido un error en este gadget.

jueves, 17 de mayo de 2012

NON


Fai pouco escoitei a algúen dicir   que Celso Emilio Ferreiro quedara xa " antigo" e doeume  porque creo que os bos poetas endexamáis envellecen. Quizais o dixeran porque foi un poeta social que deu testemuña da época que lle tocou vivir  e iso soa a "antidiluviano"...? En tal caso,  ademais de para  gozar da fermosura dos seus versos e do seu gran talento literario  (o talento  valórase  aínda  que pasen centos de anos) a súa poesía serviríannos, e de feito sérvenos, como documento histórico. Pero é que,  por riba,  a maioría dos seus poemas , ou non perderon actualidade ( non siguen estando vixentes, só por poñer dous exemplos, "deitado frente o mar",  "irmaus"...?) ou  recuperarona,  como este que leva o mesmo título que a foto que o acompaña  e que foi tomada o 1 de xaneiro do 2012 ( escribo a data por aquilo da "actualidade") e que lle ven como anel ao dedo.





Si dixese que sí
que todo está moi ben,
que o mundo está moi ben,
que cada quén é cada quén...
Conformidá.
Ademiración...
Calar, calar calar,
e moita precaución.
Si dixese que acaso as cousa son esí,
porque sí,
veleí,
e non lle demos voltas.
(Si aquil está enriba
i aquil outro debaixo
é por culpa da vida.
Si algunhos van de porta en porta
cun saco de cinza  ás costas
é porque son  uns docas)
Si dixera que sí...
Entón  sería o intre
de falar seriamente
da batalla de froles nas festas do patrón.


Pero non

NON, Celso Emilio Ferreiro non está absoleto. Celso Emilio é, e será sempre, unha das figuras sobranceiras das nosas Letras, que por certo están hoxe de festa.
 Por que creo que cando se lle adica "Un Día a...." é para acalar conciencias porque os 364 días restantes  se menospreza ou  non se ten en conta a...? E conste que non o digo por todos aqueles que desinteresadamente  aproveitan este día para   lembrarnos  que vivimos en Galicia e polo tanto somos galegos cunha fala propia, para eles todo o meu repecto e admiración, senón polas entidades que establecen este Día como tal e que non fan moito máis pola nosa lingua nin por conservar a nosa identidade.

(Foto de Google)

4 comentarios:

  1. !Pois claro que nono está!
    Este poema está moi vivo por desgracia, e alguen ten que sentir esa dor" a dor alumeame todo.." dicia Novoneyra; ese "todo" é o mundo e doe claro que doe.Celso Emilio Ferreiro segue vivo. Grazas por recordarnolo.

    ResponderEliminar
  2. Ben Conchiña, suscribo todiño o que dis e direi máis nun escrito que teño que facer no PATIO, "porque me sae aló do fondo".

    ResponderEliminar
  3. Uuuuuiiiii!!!!! Xemiña... A tremer me poño cando dis que precisas escribir o que "che sae aló do fondo..."

    Quedo coas palabras de Novoneyra, " a dor alumeame todo" e as que ti engades " Todo é o mundo e doe..." pero agardo que a dor nos deixe polo menos en penumbra para que un novo amencer sexa o que nos alumee.

    ResponderEliminar
  4. Non, Conchi, interpretaches mal porque puxen moi pouco texto:
    "porque me sai de dentro, alá do fondo
    de unha tristura aceda que me abrangue...." Estaba facendo un paralelismo, nada máis.

    ResponderEliminar