Se ha producido un error en este gadget.

martes, 29 de octubre de 2013

ANIVERSARIO

voces orfas
pasos que se perden
no longo corredor
da ausencia

O dia 30 de outubro do ano 1999 morreu Uxío Novoneyra, levamos catorce anos orfos, non só dunha voz grande da poesía segada antes de tempo, cando aínda lle quedaba tanta palabra por dicir, tantos fermosos libros que abririan novos camiños nesta realidade esfameada, senón que nos falta tamen o Home bo e xeneroso.
                                                  Ana López.


Estas liñas foron sacadas dunha entrevista a Elba Rei, na súa voz está a palabra de Uxío.

"Considero que ser poeta é o máximo destino. é o máis solidario coa  tua existencia e coa dos demáis.É a mirada máis compasiva"

"A poesía é todo o máis real, o máis axustado á realidade.Para Uxío a vida e a obra estan tan encaixada que é dificil distinguilas. El sempre dicia que tentaba fuxir do que a xente entende por poeta"

"No poeta sempre poden a esperanza e a responsabilidade máxima"

"Se un poidese orar aínda, o único que teimaría en pedir sería non ceder nunca do entusiasmo"

Na súa caixiña, para acompañalo na última viaxe, Elba púxolle estes fermosos versos:

Camiño de volta fago
volvo do cabo do mundo
Terra solo en ti me fundo
é a certeza que traigo.
                        Uxío Novoneyra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario