Se ha producido un error en este gadget.

miércoles, 9 de octubre de 2013

PREMIO NACIONAL DE POESÍA

ALVAREZ TORNEIRO:

Manuel Álvarez Torneiro: «Este premio cementa o idioma, recoñece o valor dunha lingua»


 


PROXECTO
Hei cerrar as axendas e facer meu o día,
volver á vocación das antigas xornadas.
Hei facer o bocexo da vella enredadeira,
comprobar se o farrapo alimentou o lume
e foron as especias vangardas do sentido.
Hei tirar a estas augas a pedra escurecida,
confortar os meus mortos no fondal dun insomnio,
poñer en paz a herdanza que cabe nunha ollada,
desenterrar a cunca na que figura un nome
e compracerme, humano, na rosa que repite.

(Do libro Os ángulos da brasa, editado por Kalandraka Editores. Col. Tambo2012)
QUE CARA DE VELLO PILLO ......¡¡¡¡¡¡ 
Escribo contra o mundo e a favor da Vida. Como poeta, creo na utopía.

2 comentarios:

  1. Eu inda ando tamen neso da utopía...Consólame ter tan ilustre acompañante.

    ResponderEliminar
  2. Sentin unha gran alegria ao saber que este benquerido poeta acadase tan importante premio, por el e polas letras galegas. Parabens!!!

    ResponderEliminar